Tres xogadores da nosa canteira nas preseleccións galegas

Tres xogadores da nosa canteira laranxa foron convocados para as preseleccións galegas deste mes de decembro,

O noso xogador Anxo Casais Romeu foi elixido para estar os días 22 e 23 de Marín na Residencia San Narciso coa preselección galega infantil masculina. Os adestramentos serán no Pavillón de Sequelo o sábado de 9.30 a 11 horas e de 16 a 17.30 horas e o domingo de 10 a 12 horas. Ademais,

Anxo terá unha dobre cita xa que o 27 e o 28 en idéntica localización adestrará de novo coa preselección galega infantil masculina. Os adestramentos os os días no Pavillón de Sequelo en horario de 10 a 12 e de 16 a 18 horas.

Mentres, Anxo González Casado foi chamado para a preselección galega mini masculina, nunha concentración que será os días 27 e 28 de decembro no Pavillón Coto Ferreiro da Estrada.

As sesións de traballo serán de 10 a 12 horas e de 16 a 18 horas, os dous días. Na mesma localización e días nosa xogadora Uxía Cascales Vázquez está citada para a preselección galega mini feminina. Os adestramentos serán en horario de 12 a 14 horas e de 18 a 20 horas.

Desde o Básquet Coruña felicitamos aos nosos xogadores seleccionados e desexamos que gocen con esta experiencia formativa e deportiva. Do mesmo xeito desexámoslle a mellor das sortes a Héctor Méndez e Agustín Arcos, entenadores do club que tamén terán actividade durante as festas do Nadal como técnicos das seleccións galegas.