Traballada vitoria do Leyma Coruña

Inicio rápido e activo do Leyma Coruña, que chegou ao Palacio oscense con ganas de levar a vitoria. Sólido en defensa e con efectividade nos tiros, o equipo laranxa dominou o partido no primeiro momento. Con todo, o que parecía ter un claro protagonista no primeiro cuarto, converteuse nunha remontada do Levitec Huesca, que asexou aos visitantes ata o punto de empatar o encontro e marcharse ao segundo cuarto a tan só dous puntos dos visitantes (14-16).

Con todo, esa mínima vantaxe non lle serviu ao equipo coruñés de nada. Con dificultades para anotar e errático baixo o aro foi o segundo cuarto do Leyma Coruña. Mentres que o Levitec aproveitaba calquera ocasión para anotar e a diferenza era cada vez maior, os laranxas conseguiron remontar e achegarse ao cadro local, marchándose ao descanso cun 34-31.

E cando parecía que todo estaba perdido, sobre todo ao comezo do terceiro cuarto, o Huesca afastábase no marcador e apareceu outra vez o capitán Jeff Xavier, e fixo que o equipo se enganchase de novo ao partido. Coa entrada de Pablo Ferreiro e Sexan Smith, todo volveu encaixar. Volveu a presión e a acción á pista, e os laranxas fóronse ao último cuarto por encima no marcador, con 42-47.

Pero a verdadeira acción chegou cando quedaban 10 minutos para o final do encontro. O traballo de equipo realizado por todos os xogadores, conseguiu unha renda moi boa para encamiñarse definitivamente cara á vitoria. E aínda que o Huesca tentouno por activa e por pasiva, a superioridade do equipo visitante fíxose palpable. Finalmente, a vitoria do Leyma Coruña só foi por un punto de diferenza (65-66).

Balance de 2-2 para o equipo laranxa. O seguinte partido será o vindeiro domingo 27 en #OFornodeRiazor ás 12 da mañá, ante TAU Castelló. Esperámosvos, afección!