Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 29/12/2015 20:13

Torneo Nadal Maristas: crónica do infantil masculino de primeira división

Torneo Navidad Maristas: crónica del infantil masculino de primera división

Onte, no colexio Maristas, os nosos infantís de 1ª división gozaron dun día enteiro de baloncesto xogando partidos, participando en concursos, vendo o resto do torneo e convivindo xuntos. Algo que seguro será unha experiencia inesquecible para todos, xa que nestas datas tan sinaladas todos queremos estar coas nosas familias, porque que é un equipo de baloncesto se non unha segunda familia? Familia sen completar pola ausencia de Antón Comesaña, concentrado coa selección galega.

Os mozos disputaron dous partidos. O primeiro contra Artai, onde saímos vitoriosos, e o segundo contra o anfitrión, esta vez sen fortuna.

Participamos nos concursos de Tiro por equipos, Triplos e Canastra imposible. En Tiro por equipos participaron; Nico, Jorge, Juan, Sergio, Pablo e Pedro. No de Triplos concursaron Pedro, Pau e Alex. Estes dous últimos clasificados para a final con 9 e 13 triplos respectivamente. E en Canastra imposible Dani, Álvaro e Alex pecharon os concursos.

Finalmente o torneo decantouse ao lado de Artai xa que houbo un triplo empate entre o tres equipos e pola diferenza de puntos os carballeses acabaron como vencedores. A pesar diso, dous os nosos xogadores, Dani e Jorge, entraron o quinteto ideal do torneo.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar