Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 15/12/2019 22:12

Tolemia Laranxa

Locura Naranja

A tolemia laranxa que alagou esta tarde #OFornodeRiazor foi determinante na gran vitoria do Leyma Coruña ante o líder da categoría, o Carramimbre Valladolid. A presenza de toda a canteira, xunto cunha entregada afección, levantou ao equipo e fixo máis fácil vencer ao conxunto valisoletano.

Con todo, non foi nada sinxelo o choque. A intensidade coa que saíron ambos os equipos, sumada á falta de puntaría por parte dos locais, facía que ata o descanso, os rojillos mandasen no marcador.

Un descanso no que unha choiva de peluches encheu #OFornodeRiazor de xoguetes para os nenos hospitalizados nestas datas do Nadal.

A continuación do encontro xa demostraba que os laranxas non se ían a render e ían seguir pelexando ata o último suspiro. E así foi. O último cuarto foi o que decidiu o encontro, e grazas a unha canastra do debutante Ashley Hamilton, a vitoria quedou en casa.

O vindeiro sábado toca derbi en Lugo, ante o Breogán. Veremos que ocorre no partido, mentres tanto, estamos cuartos na táboa.








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city