Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Calvo Artai · 24/01/2021 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Montrove - Idefic Imatia Básquet Coruña · 23/01/2021 19:00 Canide-Mera || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - Compañía de María · 24/01/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña 03/04 · 23/01/2021 20:00 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Fem. 1ªDiv: Fundiciones Rey - Básquet Coruña Leyma C · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Fontecarmoa 1 || Cadete Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña C · 23/01/2021 12:00 Instituto Rosalía de Castro || Infantil Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña I · 23/01/2021 10:00 PIO XII || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - SIGALTEC · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Acad. A Mariña Burela INF.fem · 24/01/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Básquet Coruña Leyma U12 · 23/01/2021 12:00 Pavillón Casa Do Deporte || Minibasquet Masc. 1ªDiv: REVI Obradoiro - Básquet Coruña U12 · 24/01/2021 10:00 Monte dos Postes

Primer equipo | 28/04/2016 17:09

Tito Díaz lembra que os seus saben competir en campos difíciles sen achicarse

Tito Díaz recuerda que los suyos saben competir en campos difíciles sin achicarse

Todo listo nas filas do Leyma Básquet Coruña de cara ao terceiro derbi de playoff que terá lugar mañá venres ás 21:00 horas no Pazo de Lugo ante o Café Candelas Breogán.

Na súa análise previa do encontro, o adestrador laranxa Tito Díaz asegura que o seu equipo seguirá dando a batalla na pista, cos mesmos obxectivos que se marcaron para as dúas primeiras xornadas de playoff celebradas a semana pasada en Riazor: gozar do merecido premio de entrar na fase de ascenso, seguir competindo sen renderse nunca -do mesmo xeito que fixeron na fase regular e nos primeiros encontros da presente rolda- e, en terceiro lugar, seguir sendo fieis a un estilo que enganchou á afección coruñesa e que días atrás puxo en apertos aos veteranos celestes en reiteradas ocasións.

Iso si, o preparador é consciente da mocidade dos seus xogadores, que demostraron estar á altura nos partidos de playoff en casa, pero a moitos deles tócalles agora debutar no ambiente de especial presión que a afección celeste exercerá desde a bancada, fóra xa da fase regular.

Neste sentido, Tito Díaz eloxiou a fidelidade dos seguidores do Café Candelas Breogán que acompañan ao seu equipo nos partidos fóra de casa, á vez que destacou o "paso de xigante" dado no baloncesto coruñés na presente tempada, cunha afección cada vez máis identificada co seu equipo, un feito que considerou "tan importante case como meternos nos playoff", lembrando as 2.500 persoas que animaron aos laranxas nos últimos encontros de Riazor e sinalando como materia pendente o lograr que un bo número deles vaian apoiar ao equipo fóra de casa.

De cara á disputa de mañá, Tito Díaz lembra que o equipo demostrou saber competir nos partidos xogados fóra e gañar en pistas difíciles, e espera que os seus saian á pista coa fortaleza física e mental necesarias para plantar cara ao rival, tendo en conta a dureza que levan as disputas de playoff.

E isto desde o minuto cero, tendo en conta do sucedido no derbi do pasado domingo, cunha primeira parte na que os lucenses se adiantaron 16 puntos no marcador. Tito Díaz asegura que non cabe saír "brandos en defensa e con pouca concentración" porque nese caso "teremos que pensar xa directamente no cuarto partido".

Novo fin de semana de emoción e de seguir gozando do xogo espectacular desta serie de #derbiromano que por agora se salda con empate. Todo por decidir.

Documentos adjuntos

audio-previa-tito-diaz-j3-cuartos-playoff.m4a







non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city