Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Oviedo 88-70 Leyma Coruña · 07/03/2020 00:00 Oviedo || Senior Masc. 3ªDiv: CB Arteixo Duacode 39-66 Básquet Coruña S · 07/03/2020 16:00 Pazo dos Deportes- Arteixo || Senior Masc. 3ªDiv: Idefic Imatia Básquet Coruña - BBCA Cabo Prioriño · 06/03/2020 21:30 La Normal || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - KFC Costa Artabra · 08/03/2020 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Junior Fem. 1ªDiv: Estudiantes Lugo Leyma Natura 73-54 Básquet Coruña Leyma J · 07/03/2020 18:00 Pazo Anexo 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Compañía de Maria 65-52 Básquet Coruña U17 · 08/03/2020 17:00 Pabellón Colegio Compañía de María || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18 - Santa Maria del Mar Junior · 07/03/2020 20:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma C 86-23 Club Baloncesto Cambre · 07/03/2020 18:00 Polideportivo Ventorrillo || Cadete Masc. 1ªDiv: Club Ourense Baloncesto 73-77 Básquet Coruña C · 07/03/2020 16:00 Pazo Paco Paz || Cadete Fem. 2ªDiv: Santo Domingo Betanzos 77-42 Básquet Coruña Leyma U15 · 08/03/2020 19:00 Municipal de Betanzos || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U16 65-48 Santo Domingo Betanzos · 07/03/2020 18:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña U16/15 32-69 Maristas Coruña · 08/03/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes de Lugo Leyma Natura · 07/03/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma I 57-6 Santa Maria del Mar Infanitl · 08/03/2020 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U14 49-45 Maristas Champagnat · 07/03/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Fem. 1ªDiv: BAXI FERROL 44-48 Básquet Coruña Leyma U13 · 06/03/2020 19:00 Colegio Esteiro || Infantil Masc. 2ªDiv: C.D Calasanz 33-75 Básquet Coruña U14 · 08/03/2020 10:00 Colegio Calasanz || Minibasquet Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma U12 36-64 Jesuitinas · 08/03/2020 10:00 Polideportivo Riazor 1 || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Servipack Montrove 74-48 Básquet Coruña U12 · 08/03/2020 10:00 Canide-Mera || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Compañía de Maria Blanco - Básquet Coruña U12/11 · 07/03/2020 11:00 Polideportivo Agra II P-1 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U13/14 75-25 Compañía de María Azul · 07/03/2020 16:00 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U11 - CB Artai A · 07/03/2020 11:00 Pazo dos Deportes de Arteixo P-3 || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Golfiños Sada - BC Cristo Rey Alevín · 08/03/2020 17:30 Polideportivo Sagrada Familia P-1 || Minibasquet Mixto 2ºDiv: Franciscanos Coruña MAsc - BC Eusebio da Guarda Alevín · 08/03/2020 17:30 Polideportivo Sagrada Familia P-2 || Premini Fem. 2ºDiv: Básquet Coruña Leyma U10 32-76 BC Leyma U10/9 · 08/03/2020 16:00 Polideportivo Sagrada Familia P-3 || Premini Masc. 2ºDiv: Básquet Coruña U10 66-73 KFC Culleredo Azul · 08/03/2020 09:30 Polideportivo Agra II P-2 || Premini Masc. 2ºDiv: CB Artai A - Basquet Coruña U9 · 07/03/2020 09:30 Pazo dos Deportes Arteixo P-2 || Minibasquet Fem. 2ªDiv: KFC Culleredo Amarillo 36-74 Básquet Coruña Leyma U11 · 07/03/2020 16:00 Polideportivo Agra II P-3 || Infantil Masc. 2ªDiv: BC Cristo Rey Infantil - Liceo La Paz · 07/03/2020 16:00 Polideportivo de Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Maristas Champagnat - Básquet Coruña Inf U14/13 · 07/03/2020 16:00 Colegio Maristas || Premini Fem. 2ºDiv: BC Leyma U10 - Basquet Coruña Leyma U10/9 · 08/03/2020 16:00 Polideportivo Sagrada Familia P-3

Primer equipo | 31/03/2016 16:31

Tito Díaz pide aos seus máxima defensa "desde o segundo cero"

Tito Díaz pide a los suyos máxima defensa “desde el segundo cero”

A fase regular da liga LEB Ouro entra na súa recta final, con tan só tres xornadas pendentes. No caso do Leyma Básquet Coruña, a primeira celebrarase mañá venres ás 21:00 no Palacio dos Deportes Riazor, onde recibirá ao FC Barcelona Lassa.

Na previa do partido, o técnico Tito Díaz destacou que a estas alturas está todo por decidir nunha liga moi igualada e disputada, na que aínda non se pode asegurar, entre outras cousas, quen lograrán facerse cun posto para xogar os playoff de ascenso á ACB. O certo é que o conxunto coruñés está preto de conseguilo e, se mañá é capaz de sumar unha nova vitoria, "poriámonos moi preto deste obxectivo, se non dentro", asegura Tito. Como exemplo da boa tempada do Leyma Básquet Coruña, subliñou que o equipo bateu a marca do club, ao lograr xa 15 vitorias en liga regular.

Gañar ao FC Barcelona Lassa non será tarefa fácil, tendo en conta que, como lembra o adestrador laranxa, "conta cun dos planteis con máis talento da liga" e mostrou a súa fortaleza fóra de casa, colleitando 8 das súas 13 vitorias en pistas alleas, cunha anotación media de 85 puntos. Destaca tamén na súa media de máis de 11 rebotes de ataque.

A iso contribúe a mestura de experiencia e mocidade dun longo equipo que conta con xogadores ilustres con experiencia en ACB, como Jaka Lakovic e Lubos Barton, que son "un prestixio para a LEB Ouro e unha delicia velos xogar", así como Marc García e Emir Sulejmanovic, que na pasada tempada xogaron respectivamente na primeira división española e na liga italiana.

Aos seus pediulles "un bo nivel defensivo desde o segundo cero", para impedir que o partido se lles escape por un arranque morno, algo que no último encontro en Riazor permitiu ao Oviedo adiantarse por unha ducia de puntos. Unha vantaxe que explicou en boa medida a derrota do conxunto coruñés.

Por último, Tito Díaz animou á afección a gozar desde as bancadas dun choque que promete moi bo nivel de xogo e que pode ser determinante para as aspiracións do sentimento laranxa na presente tempada.

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz-j28.m4a









Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronhorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city