Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 09/02/2017 18:25

Tito Díaz pide ao seus carácter e fortaleza mental para o derbi en Ourense

Tito Díaz pide a los suyos carácter y fortaleza mental para el derbi en Ourense

Despois dun partido disputado como locais pero, por razóns forzosas, en pista allea -Multiusos Fontes do Sar-, os laranxas volven xogar fóra da Coruña. A cita é este sábado ás 19:00 horas na casa do Ourense Provincia Termal, unha dura cancha cunha entregada afección desexosa de ver ao seu equipo gañar. 

Apuntábao esta tarde Tito Díaz na súa análise previa do derbi: o conxunto comandado por Gonzalo García de Vitoria sairá a por todas co fin de ofrecer aos seus unha vitoria tras as dúas últimas derrotas en casa -ademais de perder nas dúas últimas xornadas da competición-. Porque "a loita por meterse este ano no playoff é cara", lembra Tito Díaz, e unha das claves para logralo é facerse fortes en casa.

Para iso, contan con boas armas. O rival do Leyma Coruña reforzouse esta tempada con dous xogadores interiores, a ex ACB Dmitry Flis e Fran Guerra, aos que se suma Devin Wright -que xa sabe o que é ascender con varios equipos-, ademais de Tomas Fernández. E no xogo exterior, destaca a alta capacidade anotadora dos seus beirados e escoltas, especialmente Diego Kapelan e Nemanja Mitrovic, xunto coa boa dirección da base Christian Díaz.

O técnico laranxa explicou que esta tempada o Ourense Provincia Termal mellorou a súa anotación no poste baixo, o que sumado á súa coñecida efectividade no tiro exterior e no un contra un aumenta o seu perigo, aínda que o rebote segue sendo a materia pendente dos ourensáns.

Por todo iso, Tito Díaz espera dos seus polo menos o mesmo carácter e fortaleza mental que posúe o rival do sábado, así como un alto nivel defensivo que free tanto o ritmo que imprime Christian Díaz, como o acerto dos seus beirados ou a efectividade no poste baixo dos seus pivotes. E que o Leyma Coruña siga sendo fiel ao seu estilo de xogo rápido e aberto, unha insignia irrenunciable que segue dando vitorias e alegrías ao equipo e á afección.

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz-j-23.m4a









Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city