Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 31/03/2016 16:31

Tito Díaz pide aos seus máxima defensa "desde o segundo cero"

Tito Díaz pide a los suyos máxima defensa “desde el segundo cero”

A fase regular da liga LEB Ouro entra na súa recta final, con tan só tres xornadas pendentes. No caso do Leyma Básquet Coruña, a primeira celebrarase mañá venres ás 21:00 no Palacio dos Deportes Riazor, onde recibirá ao FC Barcelona Lassa.

Na previa do partido, o técnico Tito Díaz destacou que a estas alturas está todo por decidir nunha liga moi igualada e disputada, na que aínda non se pode asegurar, entre outras cousas, quen lograrán facerse cun posto para xogar os playoff de ascenso á ACB. O certo é que o conxunto coruñés está preto de conseguilo e, se mañá é capaz de sumar unha nova vitoria, "poriámonos moi preto deste obxectivo, se non dentro", asegura Tito. Como exemplo da boa tempada do Leyma Básquet Coruña, subliñou que o equipo bateu a marca do club, ao lograr xa 15 vitorias en liga regular.

Gañar ao FC Barcelona Lassa non será tarefa fácil, tendo en conta que, como lembra o adestrador laranxa, "conta cun dos planteis con máis talento da liga" e mostrou a súa fortaleza fóra de casa, colleitando 8 das súas 13 vitorias en pistas alleas, cunha anotación media de 85 puntos. Destaca tamén na súa media de máis de 11 rebotes de ataque.

A iso contribúe a mestura de experiencia e mocidade dun longo equipo que conta con xogadores ilustres con experiencia en ACB, como Jaka Lakovic e Lubos Barton, que son "un prestixio para a LEB Ouro e unha delicia velos xogar", así como Marc García e Emir Sulejmanovic, que na pasada tempada xogaron respectivamente na primeira división española e na liga italiana.

Aos seus pediulles "un bo nivel defensivo desde o segundo cero", para impedir que o partido se lles escape por un arranque morno, algo que no último encontro en Riazor permitiu ao Oviedo adiantarse por unha ducia de puntos. Unha vantaxe que explicou en boa medida a derrota do conxunto coruñés.

Por último, Tito Díaz animou á afección a gozar desde as bancadas dun choque que promete moi bo nivel de xogo e que pode ser determinante para as aspiracións do sentimento laranxa na presente tempada.

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz-j28.m4a









Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city