Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña - Palmer Alma Mediterránea Palma · 24/10/2021 20:00 Palacio de Deportes A Coruña || Senior Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Basquet Coruña Leyma S · 24/10/2021 19:00 Esteiro Mun || Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Instituto de Rosalía · 24/10/2021 16:00 Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: CD Xerion - Idefic Imatia Básquet Coruña · 24/10/2021 19:00 Novo Mesoiro || Junior Masc. 1ªDiv: SD Tui - Básquet Coruña J · 23/10/2021 18:00 Tui || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Arxil · 23/10/2021 16:00 Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Maristas Coruña - Básquet Coruña U18 · 23/10/2021 10:00 Colegio Maristas || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Instituto Rosalía · 24/10/2021 12:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - Instituto Rosalía · 23/10/2021 18:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: ACB Costa da Morte - Básquet Coruña U15 · 23/10/2021 16:00 Cee Mun || Cadete Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña U16 · 23/10/2021 18:30 Pazo dos Deportes Arteixo || Infantil Masc. 1ªDiv: CB Costa Artabra - Básquet Coruña I · 24/10/2021 10:00 Javier Gomez Noya || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Obradoiro Masculino · 24/10/2021 12:00 Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña 06-07 - Liceo La Paz · 23/10/2021 12:00 Ventorrillo || Cadete Fem. 2ªDiv: CD Calasanz - Basquet Coruña Leyma 06-07 · 23/10/2021 12:00 Colegio Calasanz

Primer equipo | 01/02/2017 18:00

Tito Díaz pide á afección que axude a arrincar unha nova vitoria en Riazor, esta vez ante o FC Barcelona

Tito Díaz pide a la afición que ayude a arrancar una nueva victoria en Riazor, esta vez ante el FC Barcelona

Tras o parón ligueiro da última semana, o Leyma Coruña volve xogar en Riazor este venres 3 de febreiro ás 21:00 horas. Ante el, o FC Barcelona Lassa, que acaba de gañar fóra de casa ao CB Prat, no partido aprazado disputado o pasado xoves, rompendo así a mala serie do equipo azulgrana.

Na súa análise previa do choque deste venres, Tito Díaz explicou que os seus se atoparán cun rival "cambiado animicamente e no seu persoal" con respecto ao que era no partido da primeira volta, ao lograr agora cortar a mala serie de catorce derrotas consecutivas e tamén polas novas incorporacións como o pivote Volodymir Gerun, procedente dos rioxano Calzados Robusta, e o xa ex laranxa Dago Peña, que non xogará nesta xornada.

A este respecto, o adestrador do Leyma Coruña felicitou ao conxunto azulgrana pola súa última fichaxe, dadas as dificultades que arrastran os barceloneses na competición, e desexou o mellor tanto ao xogador como ao seu novo equipo.

Sobre o encontro do venres, Tito Díaz destacou o completo persoal do rival, con algúns dos mellores novos xogadores a nivel europeo, con grandes pivotes como Volodymyr Gerun, Atoumane Diagne, Wesley Sena e mesmo Jordi Trías que ás veces xoga nesa posición. Non menos reseñables as súas bases: Stefan Peno -que non xogou no encontro de ida contra os coruñeses-, Víctor Sada e Pol Figueras. Así mesmo, lembrou o perigo de tiradores exteriores como Aleix Font, Màxim Esteban, Nedim Djedovic e Rodions Kurucs, a quen tampouco se enfrontaron os laranxas na ida.

En canto ao conxunto coruñés, asegurou que os seus están a xogar e adestrando moi ben, "cada vez mellor en defensa, cada vez máis xuntos en rebote de ataque, con ritmo, e seguimos sendo dos máis anotadores da liga", polo que augurou que veremos un bo baloncesto, entre dous equipos cun estilo similar, "alegre e vistoso".

O preparador do Leyma Coruña fixo un chamamento á marea laranxa para que acudan a Riazor este venres, pola importancia de arrincar unha vitoria que manteña ao Leyma Coruña nos postos altos da táboa, no seu obxectivo de entrar na fase de playoff de ascenso á ACB. Lembrou que "para isto temos que manternos fortes en casa, porque agora tócanos un calendario moi duro fóra", e por iso pediu "neste partido especialmente que coincidimos co Depor, que a nosa xente veña connosco, necesitámoslles".

Documentos adjuntos

tito-diaz-previa-j22.m4a







non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo LiñagarEstrella GaliciaSeat Cupra Mo Marineda Motor