Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 15/01/2017 17:07

Tito Díaz:

Tito Díaz: “Hoy tuvimos que ganar el partido dos veces”

Os laranxas selaron hoxe a súa oitava vitoria en casa cun 92-88 no marcador. Unha distancia de só catro puntos que podía ser moi superior se os de Tito Díaz non desen por liquidado o partido demasiado pronto, cando mediado o segundo cuarto a renda era de 25 puntos de diferenza. Os locais saltaron á pista entoados tanto en defensa como en ritmo e ataque ante un rival que se vía incapaz de parar o vendaval laranxa. Con todo, e como recoñeceu Tito Díaz na roda posterior do encontro, "o cambio a defensa de zona deles e o pensar que o partido xa estaba feito fixo que nos parásemos, fallamos algúns ataques contra zona, algúns tiros, algunha perda de balón parva e isto permitiu que lles metésemos no partido", resumiu.

A pesar de que a Palma Air Europa tomou aire e foi rebaixando distancias -os 14 de diferenza tras o primeiro cuarto quedaron en 8 ao descanso e en 6 ao acabar o terceiro cuarto-, o Leyma Coruña mantivo a cabeza fría e logrou a valiosa vitoria contra un rival directo polos postos de playoff de ascenso á ACB.

"Hoxe tivemos que gañar o partido dúas veces", manifestou Tito Díaz, mostrando a súa satisfacción co persoal por lograr sacar adiante un choque "que se nos puxo moi difícil" e no que probablemente o Leyma Coruña exhibiu ao inicio "os mellores 15 minutos da tempada". Destacou o mérito de ser capaces de refacerse cando o rival parecía ser capaz de remontar -chegaron a estar só a 3 puntos de logralo-, e considerou que na segunda parte o encontro foi "máis nivelado e máis duro, con refachos de bo xogo e atacando mellor a zona", compensando así "algúns erros infantís, perdas de balón parvas e o atasco que tivemos cinco minutos contra zona".

"Parece que xogamos peor cando mellor témolo", reflexionou Tito Díaz, lembrando algúns choques que acabaron en derrota por pensar que a vitoria ía ser fácil, como na súa opinión sucedeu ante os conxuntos de Prat, Cáceres, Castelló e o pasado domingo en Marín. "Respondemos ben nos momentos difíciles pero para ser un equipo completo temos que responder ben cando cremos que xa está, saber rematar a faena", advertiu.

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz-post-j-20.m4a








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city