Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Primer equipo | 16/02/2017 17:06

Tito Díaz:

Tito Díaz: “Ha llegado el momento importante de la liga”

A afección laranxa regresará mañá venres ás 21.00 horas ás bancadas do Pazo dos Deportes de Riazor, catro semanas despois do último choque celebrado alí ante a Palma Air Europa. Superado o parón ligueiro da Copa Princesa e a imposibilidade de xogar na Coruña polo último temporal, o Leyma Coruña reencóntrase co seu público, no que se apoiará para tentar vencer aos rioxano Calzados Robusta e seguir sumando en casa.

Na rolda de prensa previa á contenda, o adestrador Tito Díaz fixo balance dos últimos encontros celebrados fóra da Coruña, con dúas vitorias e unha derrota, esta última no duelo disputado o pasado sábado ante o Ourense Provincia Termal na súa pista.

Segundo Tito Díaz, o equipo tomou boa nota dos fallos cometidos esa noite, onde a boa defensa e rebote do inicio desvaneceuse na segunda parte, e sairán á pista dispostos a manter a intensidade neses dous aspectos durante o corenta minutos. Unha actitude necesaria para vencer a un conxunto rioxano con moito talento anotador e ofensivo, como o demostra o feito de que no tres partidos que gañaron fóra da súa pista sumaron máis de 80 puntos.

En canto ao seu persoal, o técnico laranxa destacou a tripleta exterior conformada pola base Quique Garrido e os beirados Carles Bravo e Alberto Ruiz de Galarreta, "tres dos mellores xogadores que pasaron pola LEB Ouro" e, no xogo interior, a boa substitución atopada para suplir a recente saída do pivote Volodymyr Gerun fichando a Mindaugas Kupsas, procedente da primeira división lituana e que no seu primeiro encontro hai dúas semanas xa xogou 25 minutos, sumando 10 puntos e 5 rebotes.

Cando só faltan sete xornadas para finalizar a fase regular, Tito Díaz lembra que "chegou o momento importante da liga", porque"agora todo o mundo xógase moito". Por iso, pediu á marea laranxa que estea á beira do seu equipo: "a ver se entre todos conseguimos unha nova vitoria e podemos seguir nesa pelexa polo ilusionante obxectivo que é estar na loita polo ascenso á ACB".

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz-previa-j24.m4a







non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi