Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 24/04/2016 22:54

Tito Díaz: "felicito ao meu equipo porque loitou ata o final"

Tito Díaz: “felicito a mi equipo porque hubo partido hasta el final”

Se algo demostraron hoxe os laranxas é o seu carácter e entrega ata o último momento, aínda que nesta ocasión o Café Candeas Breogán foi xusto vencedor no segundo #derbiromano celebrado en Riazor (85-90).

Na súa valoración tras o partido, o preparador Tito Díaz recoñeceu que a primeira parte sorprendeu aos seus, ante o arranque enchufadísimo dun rival que xogou con gran intensidade, enerxía e acerto -nove triplas dos lucenses contra un dos locais-. Como era de esperar, o aleiro lituano Osvaldas Matulionis se desquitó a gusto do seu escaso papel no partido do venres, acompañado por un plantel máis que curtido neste tipo de eliminatorias, logrando un saldo ao descanso de 16 puntos de vantaxe sobre o Leyma Básquet Coruña.

Segundo Tito Díaz, o paso por vestiario serviu para que os locais recuperasen a enerxía da primeira xornada, cun terceiro cuarto máis igualado e un último cuarto "no que volvemos ser nós", sinalou o preparador, aínda que a vantaxe cultivada na primeira parte pesou no resto do encontro e, aínda que o Leyma Básquet Coruña acurtou considerablemente a distancia, só puideron quedar preto da remontada.

O técnico laranxa quixo felicitar ao seu equipo porque, unha vez máis, dérono todo na cancha. "Agora toca descansar e pensar no próximo partido",  manifestou, porque aínda que o factor cancha será para os lucenses, os de Tito Díaz irán a por todas: "temos unha oportunidade o venres e imos tratar de aproveitala", asegurou, sen esquecer felicitar ás dúas afeccións polo bo espectáculo vivido nestas dúas xornadas, tanto na cancha como na bancada, e esperou que os coruñeses se despracen á cidade da muralla a apoiar a un equipo que necesita o pulo do sentimento laranxa desde a bancada.

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz-post-partido-j2-playoff.m4a









Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city