Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 23/02/2017 15:54

Tito Díaz:

Tito Díaz: “En Burgos debemos ser valientes e inteligentes en ataque”

O conxunto laranxa enfróntase mañá venres a un dos mellores equipos da liga, o San Pablo Inmobiliaria Burgos, ao que se medirá na súa cancha ás 21:00 horas. Na rolda de prensa previa ao encontro, o adestrador do Leyma Coruña Tito Díaz sinala a dificultade desta cita ante un equipo moi forte na súa casa, onde gañou nove do once partidos disputados, coas únicas excepcións dos duelos contra o Actel Força Lleida e o Café Candeas Breogán. E saltará á pista especialmente alerta, tras a súa recente derrota en Melilla.

Tal e como lembra o preparador laranxa, o conxunto que dirixe Diego Epifanio 'Epi' combina xogo táctico con velocidade e agresividade, apoiándose nun completo persoal que cada tempada se deseña con miras a competir por ser os primeiros.

Entre eles, destacou ás bases Mo Soluade, ex ACB, e Aegir Steinarsson, unha das sensacións da pasada tempada cando xogaba no CB Penas Huesca, acompañados no xogo exterior polos escoltas Álex López, "dos mellores da liga xogando a campo aberto" e Álex Barreira, así como os beirados Brandon Brine e Edu Martínez, un dos seus máximos anotadores.

No xogo interior destaca a á pivote Javi Veiga, outro ex ACB, que pode tanto postear como abrir o campo, e o veterano Jorge García. Na posición de pivote reforzáronse recentemente co regreso de Filip Toncinic, ademais de contar con Goran Huskic, quen, do mesmo xeito que Steinarsson, na pasada edición ligueira xogou no conxunto oscense, onde ambos tiveron un papel relevante para chegar á final dos playoff de ascenso á ACB.

Tito Díaz subliñou o xogo agresivo que os burgaleses despregan en toda a pista: "defenden xuntos, pechan moito os espazos, rebotean todos e a súa primeira opción é o contraataque". Frear este último deberá ser a prioridade do Leyma Coruña, non deixando "que o seu xogo a campo aberto nos martillee constantemente", coidando o balance defensivo, o rebote ofensivo, parando o balón, emparellándose ben para non permitir tiros fáciles chegando, e correndo o campo cara atrás despois de ir ao rebote. E, se os laranxas conseguen que o rival non xogue cómodo, deberán controlar entón os potenciais efectos no ataque estático.

Ademais desta seriedade na defensa e o rebote, Tito Díaz pediu aos seus que traten de xogar con ritmo, aproveitando as opcións, sendo valentes e intelixentes no ataque, e manifestou a súa satisfacción por regresar á normalidade na dinámica do equipo, tendo en conta que Josip Mikulic xa puido adestrar hoxe e Justin Johnson vai integrándose e dando pasos no seu proceso de adaptación ao baloncesto europeo. "Estamos no camiño de recuperar a normalidade para volver ser o equipo que somos", indicou, engadindo que "aínda queda moito, a liga é longa e hai tempo para todo", e que o importante agora é "competir en cada partido, para ter opcións".

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz-previa-j25.m4a









Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city