Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 28/01/2014 18:01

Perico Diaz comparece ante os medios para facer balance da tempada

Tito Diaz comparece ante los medios para hacer balance de la temporada

Cun balance de 11 vitorias e 6 derrotas, o equipo enfróntase á última fase da competición nunha situación por encima das expectativas iniciais. Así Perico recoñeceu que  “O balance é positivo en todos os aspectos: partidos, xogadores, en canto á sintonía do equipo e resultados, sobre todo en Coruña onde obtivemos 7 vitorias e 2 derrotas”
O equipo iniciou a pretemporada no 28 de agosto, desde aquela pasaron 5 meses exactamente e moitos adestramentos no que o esforzo dos xogadores levaron a alcanzar unha posición cómoda na clasificación que lle permite exporse novos retos. Agora, co obxectivo inicial da permanencia ao alcance da man “Empeza a parte máis bonita da liga e imos pelexar ata o final polos Play Off”
O adestrador aludiu a numerosas circunstancias que pasaron ao longo destes 5 meses, como a dificultade para configurar o persoal “empezamos con 7 xogadores a pretemporada e 4 xogadores da canteira” ademais mostrouse satisfeito coa resposta do equipo nos momentos difíciles de cada partido e sobre todo, en como os xogadores afrontaron cada adestramento tras cada0 mal resultado “ao longo da tempada houbo derrotas, algunha delas dolorosa, con todo, o equipo refíxose moi ben”
Perico Diaz tamén se referiu á afección agradecendo o apoio duns afeccionados cada vez máis numerosos “Grazas á afección por todo o apoio que nos están dando, unha afección que cada vez acode en maior número no Palacio, no último partido contra o Breogan había 3000 persoas no Palacio, pídolle á afección que se continúe enganchando ao baloncesto para loitar por manter o nivel do equipo”
 O Leyma Natura non deixou de adestrar e o vindeiro xoves disputará un partido amigable en Cambados contra o equipo local que disputa a Leb Prata, un encontro que a recado servirá como dixo o técnico para manter o ritmo de competición.
Perico terminou a rolda de prensa aludindo ao momento no que chegou este parón para o equipo tras a derrota en Melilla  “o parón desta xornada vénnos moi ben para recuperar forzas tras a derrota en Melilla rearmarnos para o próximo partido”.

 


 






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar