Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 12/03/2016 09:03

Tito Díaz basea a vitoria ante o Cocinas.com na defensa da segunda parte

Tito Díaz basa la victoria ante el Cocinas.com en la defensa de la segunda parte

O Leyma Básquet Coruña non quere baixarse do playoff, pola contra, segue subindo banzos xornada a xornada. Esta noite o reto chamábase Cocinas.com, a quen foi capaz de cortar a súa magnífica rancha de 5 vitorias consecutivas. Fíxoo na súa cancha, ante a afección rioxana, facendo gala da enteireza e tenacidade adquiridas polos laranxas ao longo da liga, para superar un mal arranque de partido ante un equipo local que saíu moi entoado e disposto a seguir afastándose dos postos perigosos da táboa.

Aínda que os primeiros minutos foron de claro dominio dos rioxanos no xogo e no marcador, chegando aos 10 puntos de diferenza, os coruñeses comezaron a reaccionar mellorando o seu defensa e as perdas de balón, e ensinando as súas armas ofensivas especialmente no xogo interior. Isto permitiu ir minguando distancias e pechar a primeira parte cun esperanzador 38-34 no electrónico.

Segundo indicou Tito Díaz na rolda de prensa tras o partido, as tornas cambiaron sobre todo na segunda parte, xa que foi o Leyma Básquet Coruña quen marcou un gran inicio, controlando o rebote e mellorando a defensa, xogando con ritmo, atopando espazos e tiros liberados, e finalizando o terceiro cuarto en 50-58. Tamén axudou que a potente liña exterior das Cociñas.com, unha das súas armas letais, non tivo hoxe o seu mellor día.

A pesar da reacción das Cociñas.com no último cuarto, que chegou a achegarse a só dous puntos mediante a súa agresiva defensa, os coruñeses mantiveron a cabeza fría e aguantaron o tirón, selando a terceira vitoria consecutiva cun 71-77. Para o adestrador do Leyma Básquet Coruña, a clave do triunfo desta noite foi o bo traballo defensivo da segunda parte, que permitiu ao equipo correr e facer o seu xogo, aínda que non houbo a intensidade anotadora de anteriores choques. A este respecto, o técnico laranxa considerou que "eramos dous equipos que viñamos de xogar demasiado ben", con anotacións de 90 e máis puntos e "é imposible manter este nivel", recoñeceu. Vitoria, por tanto, baseada esta vez máis na defensa que no ataque e que, en calquera caso, acrecenta o mérito dun equipo que promete regalar unha apaixonante primavera a todo o sentimento laranxa.

Documentos adjuntos

j25-post-tito-diaz--antonio-perez.mp3






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar