Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Palencia - Leyma Coruña · 06/12/2020 18:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - CB Arxil · 05/12/2020 16:30 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - BALIDEA Obradoiro · 06/12/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 1ªDiv: CENOR Obradoiro - Básquet Coruña I · 06/12/2020 12:00 Pabellón Lorenzo de la Torre || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - BAXI Ferrol · 05/12/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo

Primer equipo | 04/05/2017 15:29

Tito Díaz, ante os playoff: "Non renunciamos a nada"

Tito Díaz, ante los playoff: “No renunciamos a nada”

Comezan os esperados playoff de ascenso á ACB. A escuadra coruñesa xa está de camiño a terras castellanoleonesas para medirse ao seu rival na primeira fase de cuartos de final, nin máis nin menos que os Queixos Cerrato Palencia, o campión de liga da pasada tempada, aínda que non puido consumar o seu ascenso á máxima categoría do baloncesto nacional e na presente edición finalizou a liga regular en quinta posición.

Na súa valoración previa da eliminatoria, Tito Díaz destacou que o conxunto palentino mantén o esqueleto da pasada tempada, con Sergio García dirixindo desde o banco á base titular Dani Rodríguez, aos beirados Marc Blanch, Joan Tomás, Romà Bas e os interiores Lamont Barnes e Urko Otegui. Seis xogadores de gran nivel "aos que se uniron varios dos mellores da pasada tempada", como a base Josep Pérez, o beirado Jhornam Zamora, o pivote Gabas Maldunas e a á pivote Mamadou Samb.

O técnico laranxa sabe que toca medirse ante un dos equipos sempre favoritos para o ascenso pero lembra que "non renunciamos a nada porque ninguén nos regalou nada", e subliña a súa satisfacción polo rendemento e a participación de todos os xogadores nunha boa tempada regular, finalizada co mellor balance de vitorias e derrotas -20 vs 14- na historia LEB Ouro do club. Na súa opinión, o equipo soubo reporse de perdas como a de Dago Pena e a actual baixa do convalecente Justin Johnson. "Nos últimos partidos volvemos a atopar a nosa identidade", sinalou e, en relación aos contratempos vividos no persoal, asegurou que "cada baixa uniunos máis".

Xustamente na forza de equipo é no que se apoian Tito Díaz e os seus para tentar chegar o máis lonxe posible nos actuais playoff . "O equipo está moi unido, fresco e coas ideas moi claras e con moito ritmo", indicou. "Sabemos que podemos perder tres-cero pero tamén podemos crearlles moitas complicacións", e para iso os laranxas sairán dispostos a competir e dar batalla, mostrando máis que nunca a identidade que lles permitiu chegar ata aquí. Dous partidos por diante, venres e domingo en Palencia, antes de reencontrarse coa súa afección, o vindeiro venres 12 ás 21:00 horas en Riazor, fronte ao mesmo rival. #dereitoasoñar

Documentos adjuntos

tito-diaz-previa-primer-partido-playoff.m4a








non á violencia de xénero

Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarioobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city