Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña - Palmer Alma Mediterránea Palma · 24/10/2021 20:00 Palacio de Deportes A Coruña || Senior Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Basquet Coruña Leyma S · 24/10/2021 19:00 Esteiro Mun || Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Instituto de Rosalía · 24/10/2021 16:00 Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: CD Xerion - Idefic Imatia Básquet Coruña · 24/10/2021 19:00 Novo Mesoiro || Junior Masc. 1ªDiv: SD Tui - Básquet Coruña J · 23/10/2021 18:00 Tui || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Arxil · 23/10/2021 16:00 Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Maristas Coruña - Básquet Coruña U18 · 23/10/2021 10:00 Colegio Maristas || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Instituto Rosalía · 24/10/2021 12:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - Instituto Rosalía · 23/10/2021 18:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: ACB Costa da Morte - Básquet Coruña U15 · 23/10/2021 16:00 Cee Mun || Cadete Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña U16 · 23/10/2021 18:30 Pazo dos Deportes Arteixo || Infantil Masc. 1ªDiv: CB Costa Artabra - Básquet Coruña I · 24/10/2021 10:00 Javier Gomez Noya || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Obradoiro Masculino · 24/10/2021 12:00 Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña 06-07 - Liceo La Paz · 23/10/2021 12:00 Ventorrillo || Cadete Fem. 2ªDiv: CD Calasanz - Basquet Coruña Leyma 06-07 · 23/10/2021 12:00 Colegio Calasanz

Primer equipo | 28/03/2016 10:55

Tito Díaz, afirma que a vitoria en Cáceres é un reforzo colectivo de face aos play off

Tito Díaz, afirma que la victoria en Cáceres es un refuerzo colectivo de cara a los play off

O Leyma Básquet Coruña volveu mostrar onte a súa capacidade para refacerse rapidamente de derrotas como a vivida na anterior xornada e venceu a domicilio ao Cáceres Patrimonio da Humanidade por un contundente 69-85. Aínda que o equipo laranxa asinou un primeiro cuarto espectacular, cun Ben Stelzer inspirado nas triplas e unha vantaxe de 12 puntos arriba, a dureza defensiva do equipo local no segundo cuarto liquidou practicamente a diferenza, chegando ao descanso cun só punto a favor dos coruñeses (44-45).

Os de Tito Díaz tomaron boa nota diso e, tras pasar polo vestiario, empregáronse a fondo para devolver a mesma moeda, pechando espazos, protexendo o aro e evitando segundas opcións cun mellor control do rebote defensivo. A eficacia da fórmula quedou reflectida nun marcador que ía agrandando aos poucos a vantaxe, e moi especialmente no último cuarto, no que os locais só puideron anotar 8 puntos.

Na rolda de prensa posterior ao choque, o técnico laranxa recoñeceu que os seus fixeron "un primeiro cuarto espectacular", acorde á estratexia marcada de non deixar que o Cáceres Patrimonio da Humanidade collese vantaxe e confianza na súa casa durante os primeiros compases do encontro. Aínda así, Tito Díaz afirmou quedar coa segunda parte dos coruñeses, polo traballo colectivo e defensivo que lles permitiu xogar cunha vantaxe que souberon administrar ata o sprint final.

Neste sentido, quixo destacar o papel que desempeñaron xogadores como Thomas Hampl e Larry Abia, que quizá pasan inadvertidos nas valoracións e na anotación pero que onte á noite fixeron un traballo defensivo moi importante ante xogadores e momentos clave do encontro.

Preguntado polo efecto desta vitoria de face aos playoff de ascenso á ACB, o técnico quixo destacar, por encima da vitoria en si, o bo xogo mostrado e o reforzo colectivo dos laranxas tras a derrota da pasada xornada en Riazor fronte aos ovetenses. Por tanto, bos presaxios e sensacións de face ao partido deste venres contra o FC Barcelona Lassa ás 21:00 horas e, polo medio, pouco pero intensos días de preparación. Todo menos baixar un chisco a garda.

Documentos adjuntos

audio-rp-tito-diaz.m4a







non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo LiñagarEstrella GaliciaSeat Cupra Mo Marineda Motor