Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Primer equipo | 27/07/2015 18:30

SERGIO OLMOS ASINA POLO LEYMA BÁSQUET CORUÑA

SERGIO OLMOS FIRMA POR EL LEYMA BÁSQUET CORUÑA

O Club Leyma Básquet Coruña xa conta co seu pivote de referencia para a nova tempada na LEB Ouro. A entidade anunciou esta mañá a fichaxe do alacantino Sergio Olmos, que porá a disposición do primeiro equipo os seus ganchos determinantes preto do aro, o seu rigor táctico e o seu xogo 1x1 de costas e de face.

Con esta incorporación a entidade baloncestística suma ata a data seis importantes pezas na escuadra que comandará Perico Díaz unha campaña máis.   

Olmos militou no Autocid Ford Burgos no últimas tres tempadas, colaborando no tres sucesivos ascensos do equipo á liga ACB. As estatísticas do alacantino na tempada 2014-2015 son de seis  puntos, catro rebotes e un tapón por partido.

Tras xogar unha tempada como junior na Valencia Basket Club, entre 2005 e 2009 participou na liga universitaria estadounidense NCAA –Universidade de Amorne- e posteriormente recalou en diversos clubs españois ata chegar ao equipo burgalés.

Olmos, un dos xogadores máis altos da liga LEB Ouro -213 centímetros-, únese así ao sentimento laranxa, do mesmo xeito que os outros cinco deportistas confirmados polo Club ata a data, é dicir, a base Anxo Hernández, a á–pivote Beka Burjanadze e o escolta Jesús Castro, que achegarán experiencia e continuidade ao equipo, xunto coas novas incorporacións do basee-escolta Zach Monaghan e o escolta Ben Stelzer, dous mozos estadounidenses  que darán novos bríos na liña exterior.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi