Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña - Palmer Alma Mediterránea Palma · 24/10/2021 20:00 Palacio de Deportes A Coruña || Senior Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Basquet Coruña Leyma S · 24/10/2021 19:00 Esteiro Mun || Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Instituto de Rosalía · 24/10/2021 16:00 Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: CD Xerion - Idefic Imatia Básquet Coruña · 24/10/2021 19:00 Novo Mesoiro || Junior Masc. 1ªDiv: SD Tui - Básquet Coruña J · 23/10/2021 18:00 Tui || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Arxil · 23/10/2021 16:00 Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Maristas Coruña - Básquet Coruña U18 · 23/10/2021 10:00 Colegio Maristas || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Instituto Rosalía · 24/10/2021 12:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - Instituto Rosalía · 23/10/2021 18:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: ACB Costa da Morte - Básquet Coruña U15 · 23/10/2021 16:00 Cee Mun || Cadete Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña U16 · 23/10/2021 18:30 Pazo dos Deportes Arteixo || Infantil Masc. 1ªDiv: CB Costa Artabra - Básquet Coruña I · 24/10/2021 10:00 Javier Gomez Noya || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Obradoiro Masculino · 24/10/2021 12:00 Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña 06-07 - Liceo La Paz · 23/10/2021 12:00 Ventorrillo || Cadete Fem. 2ªDiv: CD Calasanz - Basquet Coruña Leyma 06-07 · 23/10/2021 12:00 Colegio Calasanz

Primer equipo | 08/01/2020 14:42

Sergio García: ?Imos con moita ilusión e con ganas de volver ser competitivos?

Sergio García: “Vamos con mucha ilusión y con ganas de volver a ser competitivos”

Esta mañá tivo lugar a rolda de prensa previa á xornada 17 de liga Leb ouro, a última da primeira volta, de Sergio García. O Leyma Coruña enfróntase este venres ás 21:00 horas a Fundación CB Granada en terras andaluzas, e antes de viaxar, o técnico do conxunto coruñés ha comentado que ?foi unha semana positiva de adestramentos. Nótase unha boa dinámica, conseguindo os dous últimos partidos no noso campo contra rivais directos, e vendo con optimismo, pero sendo realistas da dificultade que temos no seguinte partido?.

En canto ao rival, Sergio indicou que ?Granada é un equipo chamado a ser equipo de playoff, con xogadores de moito nivel e experiencia na competición. Cunha traxectoria na liga importantísima, como Guille Rubio, Sergio Olmos (?) Son xogadores de moito nivel que en casa están a xogar a bo nivel, e simplemente, nesta primeira volta, complicáronselles un pouco os partidos de fóra de casa. Eu creo que é un equipo que ao final da liga vai estar na parte de playoff case con seguridade. Temos un partido moi complicado por diante. Nesta liga sábese que gañar fóra de casa é complicado e encima un equipo da entidade de Granada, e vendo o seu rendemento nos partidos de casa sabemos que temos que facer as cousas moi ben para gañar. Somos conscientes que nosas dúas últimas saídas foron moi malas e temos ganas de facer un bo partido, de competir, e ver se iso dásnos para levarnos a vitoria?.

En referencia ao partido, o técnico vasco asegura que ?somos conscientes de que é un equipo cun potencial no rebote enorme. Teñen un nivel físico moi alto, sobre todo, no xogo interior e imos ter que estar moi ben aí para non permitirlles moitas situacións de segundas accións, porque eu creo que aí é onde eles castigan, sobre todo nos partidos de casa, que están a xogar con moito ímpeto, moita enerxía... e imos ter que mínimo, igualar iso que eles propoñen, porque se non dificilmente teremos opcións de levarnos o partido?

Ademais, engade que, ?eu creo que é o equipo máis aberto da liga en canto aos minutos ou a importancia dos 12 xogadores. Xogan moi repartido e iso engade unha dificultade. Teñen esa fortuna de ter os 12 xogadores dun nivel parello, que manteñen un nivel de intensidade alto, con moitas rotacións. Ao final son tres basees de moi bo nivel, unha liña exterior con bos tiradores, e un xogo interior que eu creo que está moi ben formado con dous xogadores de moita experiencia, un xogador extraordinario no xogo ofensivo, e outros dous xogadores con moito oficio. En definitiva, un equipo moi completo, moi ben adestrados por Pablo e unha dificultade grande, pero como dicía, imos con moita ilusión e con ganas de volver ser competitivos, de seguir mantendo o noso balance fóra de casa de forma positiva, que non é nada fácil na nosa liga?.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo LiñagarEstrella GaliciaSeat Cupra Mo Marineda Motor