Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 08/01/2021 13:36

Sergio García: ?Imos dalo todo para tentar dar outra alegría á nosa afección?

Sergio García: “Vamos a darlo todo para intentar dar otra alegría a nuestra afición”

Esta mañá tivo lugar a rolda de prensa de Sergio García, previa ao encontro de mañá sábado ás 19:00 horas, correspondente á Xornada 12 fronte a Leite Río Breogán.

O técnico do Leyma Coruña comezou falando do rival, ?sabemos que temos un partido moi importante, un derbi. Xogamos contra o ata agora, mellor equipo da competición. Así o demostrou. É o equipo referencia do grupo, tan só perdeu un partido. Gañou todos os seus partidos en casa e ten un persoal de primerísimo nivel, con ata 7 xogadores que saben o que é ascender nesta liga, máis o adestrador. A iso, se lle sumas o pasado recente do Breogán, que sabe o que é gañar nesta liga, convértelle no equipo referencia ata agora?.

Sobre o partido, Sergio comentou que ?nós imos con toda a ambición, ilusión e humildade de primeiro, competir con eles, e logo chegar con opcións aos minutos finais e competirlles a vitoria, que é o noso obxectivo. Sabemos que eles, ata o momento mostráronse moi sólidos, pero sabemos que nós temos argumentos para competir e buscar a vitoria nunha pista que ata agora ninguén conseguiu gañar, pero nós sabemos que, se estamos ben en defensa, sólidos no rebote, se controlamos as nosas perdas de balón, imos ter opcións seguro".

En canto á situación do equipo, o técnico asegura que ?os mozos están a traballar ben. A vitoria do outro día refórzalles no traballo que veñen facendo, e é un derbi, sabemos que todo o mundo ten moita ilusión e ganas deste partido e imos dalo todo para tentar dar outra alegría á nosa afección?.

 






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar