Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Primer equipo | 01/06/2021 11:13

Sergio García: ?Temos que ser capaces de ofrecer nosa mellor versión para tentar gañar o primeiro partido en Granada?

Sergio García: “Tenemos que ser capaces de ofrecer nuestra mejor versión para intentar ganar el primer partido en Granada”

Esta mañá tivo lugar a rolda de prensa de Sergio García, previa ao encontro de mañá mércores, correspondente ao primeiro partido de semifinais de Play-off, entre Leyma Coruña e Covirán Granada, no Palacio de Deportes da cidade andaluza.

O técnico do Leyma Coruña comezou dicindo que ?enfrontamos o partido con moita ilusión, con moitas ganas. Estamos nas semifinais dunha liga que se mostrou super igualada, competitiva, desde o primeiro momento. É para estar moi contentos de estar entre o catro mellores equipos da competición?.

En referencia ao rival, Sergio comentou que ?xogamos contra Granada, cumpriuse a lóxica. Tiveron que sufrir e pelexar moito para eliminar a Murcia, que fixo unha gran eliminatoria. Pero Granada gañouse durante a liga regular, a que finalizaron no primeiro posto, ter o factor cancha. Entón, somos conscientes de que a parte do equipazo que son, contan con esa pequena vantaxe. Temos que ser capaces de ofrecer nosa mellor versión para tentar gañar o primeiro partido en Granada. Sabemos que non vai ser fácil, que eles van apertar, pero temos que ir sen complexos, a ofrecer os nosos puntos fortes, defensa, dar un ritmo alto de xogo, porque aí é onde nós imos poder ter opcións de vitoria. É unha parte da tempada na que hai que estar disposto a sufrir, pero ao mesmo tempo hai que ser capaces de gozar destes momentos tan bos que estamos a poder ter. Xogar unhas semifinais non as xogas todos os días e é o que lles digo aos mozos, gozalo que nunca sabes cando vas volver a estar nesta situación. Temos que frear a un equipo de moitísimo talento, que tácticamente están moi ben preparados e adestrados, pero nós temos que, desde a humildade, ser ambiciosos porque tamén temos argumentos para sacar esta eliminatoria?.

Lembrámosvos que xa están á venda as entradas para o encontro deste sábado 5 ás 18:30 en #OFornodeRiazor, correspondente ao segundo partido das semifinais. Están dispoñibles nas nosas oficinas (L-V de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h), nos despachos de billetes do Palacio o día do partido, na web do club ou nesta ligazón: https://venda.basquetcoruna.t2v.com/index/index

Ademais, se es conviviente, poderás sentarche sen distancia de seguridade (Só venda en oficina ou nos despachos de billetes o día do partido).

É moi importante acceder ao encontro cunha antelación de 45 min - 1h, debido ao protocolo covid e para evitar aglomeracións.
Esperámosche!






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi