Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 06/03/2020 16:20

Sergio García: ?Temos que ser capaces de dar resposta a ese pulo que seguro van ter?

Sergio García: “Tenemos que ser capaces de dar respuesta a ese empuje que seguro van a tener”

Esta mañá, como vén sendo habitual, tivo lugar a rolda de prensa de Sergio García, previa á xornada 24 da liga LEB Ouro, que enfronta a Leyma Coruña e Liberbank Oviedo mañá sábado día 7 ás 18:30 horas no Pumarín.

Sergio comezou indicando que ?trátase dunha pista, na que, tras 7 visitas aínda non se conseguiu gañar, entón imos ver se somos capaces de dar a volta a esa estatística. En canto á semana de traballo, seguimos tendo bastantes problemas. Non tivemos demasiada continuidade no traballo diario. Van xurdindo problemas máis/menos graves que nos están impedindo progresar como grupo no traballo diario. Temos xogadores en dúbida para o partido, como no caso de Alex e Augustas?.

Á hora de falar do adversario, e sobre todo, da chegada de Natxo Lezkano ao banco ovetense, o técnico referiuse a que ?a traxectoria de Oviedo, como club e como equipo, nos últimos anos foi de play-off, e bo, por circunstancias do deporte pois tiveron moitos problemas de lesións, baixas e demais, e bo, a liga é moi dura e castígache, estando nunhas posicións que ninguén esperabamos que fosen estar. Teñen xogadores para estar moitísimo máis arriba. Esperamos o mellor equipo posible, que o cambio de adestrador seguro que vai darlles unha motivación extra, tanto aos xogadores como ao público, e seguro que van empezar o partido a moitísima intensidade. Entón temos que ser capaces de dar resposta a ese pulo que seguro van ter?.

Para terminar, e falando da recta final da tempada, o adestrador do conxunto laranxa sinalou que ?agora complícase máis se cabe, e especialmente os partidos de fóra de casa. Oviedo xógase moitísimo neste partido e en todos os que quedan para saír de aí. Pero tamén nós xogámonos moito. Queremos seguir estando na parte de arriba, seguir sumando vitorias? para materializar a clasificación para o playoff, que é o noso principal obxectivo.
Entón, vaise a complicar para todos. Tamén é unha parte moi bonita da competición, porque xa cada un vaise axustando aos seus obxectivos, cada vez quedan menos partidos e a xente aperta máis? Pero eu creo tamén que é unha parte moi chula da competición, onde hai máis tensión nos partidos e convértense en máis físicos, máis duros e tamén está moi ben?.








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city