Sergio García: ?Temos que estar concentrados e preparados para ese xogo diferente que eles propoñen?

Esta mañá tivo lugar a rolda de prensa de Sergio García, previa ao encontro de mañá venres ás 19:00 horas, correspondente á Xornada 15 da segunda fase, e que enfronta a Leyma Coruña e Palmer Alma Mediterránea Palma.

O técnico do Leyma Coruña comezou dicindo que ?esperamos un partido como están a ser todos os da nosa liga. Está moi igualado e son pequenos detalles os que marcan a vitoria e a derrota, e estamos a ver partidos que igual se resolven por moitos puntos e ese mesmo partido á volta gaña o equipo que perdeu? Hai todo tipo de resultados e é o que comentamos nós esta semana, non nos vale o partido da ida como unha referencia clara, porque estivemos moi acertados, fixemos un partido completísimo e eu creo que é difícil de repetir ese tipo de partido. Temos que estar moi concentrados?.

Achega do rival, Sergio comentou que ?Palma está a facer moi bo baloncesto, moi bos resultados. É un equipo agresivo, moi versátil? Tes que estar preparado a que che poidan facer lanzamentos en poucos segundos? Hai dous xogadores que destacan, por encima do resto, non só no seu equipo se non tamén na competición, como Kulamae e Harrell en canto á anotación, pero creo que Palma ten moitos máis argumentos que eses dous xogadores. Figueras está a crecer moitísimo e levando moi ben ao equipo, Jacobo vai facendo un temporadón, Jawara e Raffington fan moi bo traballo, que ás veces non se ve pero é fundamental para o seu equipo? Sabemos que imos necesitar correr moito, estar concentrados e preparados para ese xogo diferente que eles propoñen porque non vai ser nada fácil conseguir unha vitoria alí, que doutra banda é o noso obxectivo de face a formalizar a nosa clasificación para o play-off. Imos ver se somos capaces de conseguilo esta semana, a verdade é que sería unha alegría para nós, pero sabemos e somos conscientes que Palma no seu campo, por exemplo o últimos tres partidos, vitorias ante Valladolid e Oviedo, que son dúas moi bos equipos, e unha derrota in-extremis ante Breogán. Por tanto sabemos que eles o están facendo realmente ben en casa e é un reto engadido para nós?.

Para finalizar, sobre o estado físico do persoal, o adestrador do conxunto laranxa indicou que ?seguimos igual que a semana pasada. Zyle non xogará o partido. O resto está en boas condicións para xogar e confiar en que Zyle teña, sobre todo, unha boa e pronta recuperación?.