O Leyma Coruña viaxa esta semana ata San Sebastián para enfrontarse o domingo ás 17:00 ao recentemente descendido Delteco Gipuzkoa Basket. Tras a derrota na primeira xornada, Sergio García asegura que a ?semana serviu de bastante. Analizamos o partido anterior, xogada a xogada, para saber que mellorar?. ?Somos un equipo totalmente novo, pero sabemos o que podemos dar e que non demos o outro día?. Aínda así, é optimista ?estamos no camiño?.
Do equipo vasco, non ten dúbidas de que ?son, xunto co Breogán, os dous equipos favoritos para quedar campións. Veñen de ACB, e teñen esa responsabilidade?. Ademais, dada a derrota do anterior partido, ?espero a un GBC con máxima tensión. Teñen xogadores de máximo nivel?.
Non ten dúbidas de que a clave do partido é ?entrar con máxima intensidade. É o que o outro día demostramos non facelo e é a maior das preocupacións. Se non, acábase o partido aos 5 minutos, e iso non nolo podemos permitir?.
Respecto ao partido do pasado domingo fronte a Lleida, Sergio afirma que ?sorprendeunos a todos negativamente a posta en escena. Se cadra pódenos axudar o ir fóra, contra un dos máximos favoritos. Quítanos certa presión a nós, pero temos que ir esixidos. Temos que facelo ben, contratáronnos para competir. Temos que entrar como cabalos desbocados desde o primeiro momento?.
En canto á recente fichaxe de Perris Blackwell, o técnico incide en que ?é un xogador con moitísimas ganas por vir. Ten moita experiencia na súa posición, que é determinante nesta liga. Esperemos que chegue canto antes e estea preparado para a xornada 3?.