Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Primer equipo | 07/05/2021 13:16

Sergio García: ?Se nos van as cousas ben, creo que pode ser unha vitoria moi importante para nós?

Sergio García: “Si nos van las cosas bien, creo que puede ser una victoria muy importante para nosotros”

Esta mañá tivo lugar a rolda de prensa de Sergio García, previa ao encontro deste domingo ás 12:30 horas, correspondente á Xornada 17 da segunda fase, e que enfronta a Leyma Coruña e CB Almansa con Afanión.

O técnico do Leyma Coruña comezou dicindo que ?para nós é un partido importante, como o están sendo todos os partidos desta fase. Agora está na nosa man o ser capaces de conseguir a vantaxe de campo, entón por iso convértese en moi importante ese partido ante Almansa. Un rival ao que respectamos moitísimo, que demostrou ter un carácter competitivo de primeiro nivel, un equipo que se agarra aos partidos moi ben, que competiu realmente ben contra todos os rivais nesta fase e que na súa pista, apoiados pola súa xente, seguro que van dar un nivel moi alto. Teñen xogadores que coñecen moi ben a competición con moi boa traxectoria na liga, un corpo técnico que tamén coñece gañar a competición? Eu creo que a traxectoria de Almansa é moi positiva, que fan un bo baloncesto, e que imos ter que facer as cousas moi serias, moi centrados, para poder sacar unha vitoria que sería moi importante para nós?.

Sobre o equipo laranxa, o técnico indicou que ?o equipo está a traballar ben, os mozos están centrados e imos ver se somos capaces de facer un partido completo, competitivo, chegar ao final con opcións de vitoria e, se nos van as cousas ben, creo que pode ser unha vitoria moi importante para nós?.

En canto ao estado físico do persoal, Sergio comentou que ?continuamos coa baixa de Zyle, e esta semana tivemos que dar moito descanso a Lotanna, para que, aínda que non vai estar nas mellores condicións, pero siga axudando ao equipo. O resto, practicamente, están todos ben?.

Lembrámosvos que xa están á venda as entradas para o encontro do próximo domingo día 16 ás 12:30 en #OFornodeRiazor fronte a TAU Castelló. As entradas están dispoñibles nas nosas oficinas ata o venres 14 ás 20:00h, nos despachos de billetes do Palacio o día do partido, na web do club ou nesta ligazón: https://venda.basquetcoruna.t2v.com/index/index Esperámosche!






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi