Sergio García: ?Sabemos que temos que facer un partido moi serio e moi completo?

Esta mañá tivo lugar a rolda de prensa de Sergio García, previa ao encontro de mañá venres ás 20:00 horas, correspondente á Xornada 16 fronte a Destino Palencia.

O técnico do Leyma Coruña comezou dicindo que se trata de ?un partido importante, co sistema de competición os dous equipos estamos clasificados e ten valor o resultado do partido, como o tivo o resultado da ida. Temos unha oportunidade diante e imos tentar dar o máximo para ver se somos capaces de conseguilo, sabendo que enfronte temos un equipo de primeiro nivel?.

Achega do rival, Sergio comentou que é ?un club gañador na súa historia na Leb e un club ambicioso, que fixo un equipo con xogadores de moito talento. Ter a Daniel Rodríguez, Richotti, Purifoy, unha fichaxe de primeiro nivel como Borovnjak, reforzarse con Douvier? E se a iso súmaslle que teñen xogadores con experiencia na liga como Zubizarreta, Gatell, Sexan Smith? Son moitos argumentos que o converten nun equipo, eu creo, que de primeiro nivel nesta liga?.

Por último, o adestrador do conxunto coruñés asegura que ?sabemos que temos que facer un partido moi serio e moi completo para poder gañar alí, por iso imos mentalizados. Tivemos unha semana, en canto a temas físicos, ?mala?. Temos a baixa segura de Thiam e ata o último momento non saberemos se McGhee vainos a poder axudar. Por tanto, nese sentido foi unha semana negativa para nós, pero o resto do equipo estivo moi positivo e concentrado preparando o partido e imos ver se somos capaces de facer un partido completo, sobre todo defensivamente, para parar todo o seu potencial e poder ter opcións de vitoria, que sería, como dicía, moi importante para nós?.