Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 28/02/2020 13:46

Sergio García: ?Pido ao noso público que axude aos xogadores a darlles ese plus de enerxía que van necesitar?

Sergio García: “Pido a nuestro público que ayude a los jugadores a darles ese plus de energía que van a necesitar”

Esta mañá, como vén sendo habitual, tivo lugar a rolda de prensa de Sergio García, previa á xornada 23 da liga LEB Ouro, que enfronta a Leyma Coruña e Marín Ence Peixe Galego este domingo día 1 ás 18:00 horas en #OFornodeRiazor.

Sergio comezou indicando que nesta semana ?diferente? de adestramentos, ?houbo dous aspectos. Por unha banda, a nivel mental, creo que veu ben aos xogadores ter uns días para desconectar, estar con familia, amigos? Sempre vén ben, nunha tempada con tantos partidos e adestramentos, ter ocasión para desconectar. Tamén tivemos o caso de Ashley que xogou coa súa selección. Afortunadamente veu en perfectas condicións, entón estamos satisfeitos por iso. Falando máis dun tema físico, non foi o boa que nos esperabamos. Agora temos un momento de dificultade física, pero bo, eu confío en que todos, co noso público, a nosa xente, axuden aos xogadores a darlles ese plus de enerxía que van necesitar para poder sacar o partido adiante. Agora mesmo en xogadores importantes temos algunha dificultade física que van facer que non estean en plenas condicións. Xogadores como Kamba, Alex Llorca, Blackwell e Augustas que non están do todo ben, entón quero aproveitar para pedir que a afección estea cos xogadores. Que lles axude, que entre todos sigamos sumando e axudando aos xogadores para conseguir o obxectivo que temos de clasificarnos para o playoff?.

En referencia aos últimos acontecementos de Marín, rival deste domingo, o técnico laranxa comentou que ?a maioría dos equipos houbo cambios. Ata o día de hoxe hai opcións de incorporar xogadores?. En relación á fichaxe ?eu creo que é un xogador de talento, vén dun club ACB e seguro que lles vai a axudar. Nós na medida das nosas posibilidades explicaremos aos xogadores as súas características, e entrará dentro do plan de partido?. Sobre o cambio de adestrador ?polo que eles transmitiron desde o club é unha idea continuista en canto ao que eles xa están a facer moi ben, que é que, a pesar de estar na última posición, competiron a maior parte da liga, e case todos os partidos moi ben, e esperámonos que sigan na mesma liña. Sabemos o difícil que é sacar cada partido nesta liga, e eu creo que eles virán na liña dos últimos partidos. Un equipo con intensidade, moi aberto en canto á súa estrutura de ataque, con moitos xogadores na liña de 3 puntos? Un equipo diferente, que a nós ás veces pódenos custar un pouco ese estilo de xogo, pero imos ver se co que preparamos sáenos un bo partido e podemos facerlles fronte, e podemos seguir estando na parte alta a liga?.

Por último, lembrámosvos que seguimos de promoción. Por iso, se vas ao Depor e despois queres vir animar ao Leyma Coruña, presentando o teu carné de abonado deportivista ou a túa entrada do Depor-Lugo, poderás adquirir a túa entrada para o básquet a 5? adultos e 2? niñ@s. Os abonados do club laranxa tamén poderán adquirir entradas a 5? (independentemente de que asistan previamente ao encontro futboleiro).

Ademais, se queres vir ao seguinte partido do Leyma Coruña (o domingo 15 de marzo), presentando a entrada deste derbi poderás retirar outra con 5? de desconto adultos e 2? niñ@s. Por iso mesmo, non debes tirar a entrada do encontro e así te beneficiarás do desconto.

Esta promoción só poderá adquirirse en despachos de billetes de #OFornodeRiazor, as cales abren o domingo desde as 17:00h.








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city