Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 02/01/2020 13:40

Sergio García: ?Necesitaremos dominar o rebote para poder correr.?

Sergio García: “Necesitaremos dominar el rebote para poder correr.”

Esta mañá tivo lugar a rolda de prensa de Sergio García previa ao derbi de mañá venres ás 20:00 en #OFornodeRiazor, que enfronta a Leyma Coruña e Club Ourense Baloncesto, e que corresponde á xornada 16 na liga LEB Ouro.

Sergio comezou a rolda de prensa indicando que, ?polas datas nas que nos atopamos é unha semana diferente, que probablemente custa máis do normal estar concentrados. A nivel de baloncesto puro, algo complicado, pois seguimos tendo molestias sobre todo en dous xogadores importantes para nós, como son Hamilton e Kamba, que non están na mellor das situacións. E iso dificúltanos un pouco o noso desenvolvemento de xogo, o noso plan habitual dos partidos, pero teremos que confiar, como o outro día con Cáceres, que outros xogadores farán un esforzo extra para que eses problemas que temos a día de hoxe, nótense o menos posible?.

En referencia a como espera que sexa o derbi, o técnico da entidade laranxa espera ?un partido duro, difícil. É un equipo que, na súa inmensa maioría ten máis experiencia que nós. Un club e un equipo que vén de xogar unha final four o ano pasado, con ata cinco xogadores que disputaron esa final four. Un xogador como Edu Martínez que conseguiu o ascenso na tempada pasada, e cun adestrador que ten moita experiencia na Leb? É un partido complicado. Eles son un equipo que adoitan dominar o ritmo de xogo, con bases con esa capacidade que adoitan levar o ritmo que lles interesa, e iso vainos a pór en dificultade. Imos ter que facer un esforzo defensivo grande para tentar que ese ritmo que a eles lles interesa (probablemente máis pausado que o noso) para buscar situacións no poste baixo ou todos os movementos que teñen para os seus tirados, pois teremos que tentar facer ese esforzo para porlles en dificultades nesa idea de xogo que teñen. E, a nivel ofensivo, necesitaremos dominar o rebote, sobre todo, para poder correr. Xa sabemos que é un equipo que se vai a pechar moito, que non nos vai a pór en facilidades anotar na pintura, entón teremos que ser capaces de buscar as nosas alternativas e opcións para xerar outras situacións?.

Por último, e para facer balance da primeira volta, ao ser o último partido da mesma en #OFornodeRiazor, Sergio comenta que ?é un balance positivo en canto á nosa clasificación. O noso obxectivo é xogar os playoffs e agora mesmo estamos dentro dese nove primeiras prazas, entón o balance non pode ser máis que positivo. Doutra banda, eu creo que seguimos sendo un equipo con bastante marxe de mellora. O equipo traballa ben e confiamos en que na segunda volta sexamos capaces de facelo mellor, en canto ao rendemento, e sabendo que os resultados pois, bo, ao final isto é deporte? podes gañar ou perder os partidos, sobre todo nesta liga, pero se creo que o noso rendemento pode ser aínda bastante mellor?.









Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city