Primer equipo | 23/10/2020 14:01
Sergio García: ?Recibímolos con moita ilusión?

A Coruña, a 23 de outubro de 2020.
Na mañá de hoxe, tanto a concelleira de deportes, Mónica Martínez, como o director de deportes, Alfonso Hermida, visitaron ao primeiro equipo do noso club, no seu adestramento previo ao encontro fronte a Clínica Sur-Aspasia Real Valladolid Baloncesto. Acudiron en representación do Concello da Coruña, e quixeron dar todo o seu ánimo e desexar toda a sorte ao equipo para esta tempada que comeza.
Así mesmo, tamén tivo lugar a rolda de prensa de Sergio García, o cal comentou que ?son moitos meses sen poder competir de forma oficial. Se que é verdade que puidemos xogar partidos amigables durante a tempada, e o torneo de Copa Galicia, pero isto é diferente. A liga, estabámola todos esperando".
En referencia ao comezo en liga fronte a Real Valladolid Baloncesto, o técnico dixo que "non puidemos disputar a primeira xornada, e agora estamos con moita ilusión de afrontar este segundo partido, na nosa casa e contra o campión, con todo o que iso supón. Xa ten gravado a lume como gañar, xa o demostrou no primeiro partido. Na miña opinión melloraron bastante o persoal respecto ao ano pasado, e temos un reto importante diante".
Ademais, sente con ganas de afrontar o encontro "é o primeiro partido en casa, contra un gran persoal e creo que estamos preparados. Fixemos unhas boas semanas de adestramento. Fomos capaces de involucrar a Raffington dunha forma bastante rápida".
Sobre o desenvolvemento do partido "sabendo que é un partido, no que o xogo na pintura é moi importante, porque eles teñen xogadores como Da fonte, Nacho Martín, Smiths? son xogadores cunha presenza moi importante dentro da pintura, e vannos a esixir moito traballo. Ademais, eles teñen focos de anotación moi grandes, con Timmers, Greg Gantt? É un equipo que nos vai a esixir estar moi centrados no plano defensivo. Ofensivamente, espero que os meus xogadores se solten pronto. Gustoume xogar e soltar, pero estou confiado en ser capaces de canto antes entrar no ben no partido, facer un bo partido e ter opcións de vitoria?.
A cita, mañá ás 17:00 en #OFornodeRiazor e poderá seguirse por LaLigaSportsTV e TVG2.