Sergio García: "Imos ter que facer as cousas moi ben durante 40 minutos para ter opcións de traernos a vitoria"

Esta mañá, antes de pór rumbo a Cáceres para disputar o encontro de mañá, tivo lugar a rolda de prensa de Sergio García, previa ao devandito encontro correspondente á Xornada 8 da liga Leb Ouro.

Na comparecencia, Sergio comentou que ?foi unha semana positiva en canto ao ánimo, porque imos vendo que a competición está moi igualada (?), o noso grupo está moi igualado e o feito de que nós conseguísemos sacar a vitoria contra un rival da potencia de Palencia, fainos estar contentos. Traballamos os aspectos a mellorar respecto ao outro día, porque cada día hai cousas a mellorar. Logo hai moitas cousas que tamén fixemos ben, entón hai que reforzalas. Sendo positivos e optimistas respecto ao traballo que vimos facendo?.

Sobre o contratempo de Augustas Peciukevicius no encontro pasado, indicou que ?tivemos o problema con Augustas, en principio é seria dúbida para o partido e temos que ser capaces entre os demais que non se note a súa ausencia, no caso de que non xogue?.

En referencia ao rival, Cáceres, o técnico dixo que "eu creo que temos en fronte un equipo moi moi ben feito. Destacaría, sobre todo, o criterio co que se fixo o persoal de Cáceres, con dúas bases con experiencia, que saben de que vai a competición, con moito oficio, que manexan ben o ritmo de partido, ? Daquela unha batería de tiradores de primeiro nivel na liga (Schmidt, Jeff, Ventura?) son xogadores cunha ameaza ao tiro de tres moi grande. Un xogador total como Berg, que eu creo que está a ser unha das sensacións neste inicio de competición, e logo un xogo interior moi versátil, con xogadores de talento, con man, entón eu creo que foi un acerto a construción do persoal de Cáceres. Sabemos que hai moitos focos que temos que ser capaces de parar, porque teñen un criterio importante á hora de xogar. Saben manexar ritmos de partido moi bos, viuse no partido de Valladolid (?). Imos ter que facer as cousas moi ben durante 40 minutos para ter opcións de traernos a vitoria, sabendo que para nós é un partido moi importante de face ao noso primeiro obxectivo de pasar o corte de cinco equipos?.

A cita, mañá ás 21:00 horas no Pavillón de Cáceres e poderá seguirse por LaLigaSportsTV.