Primer equipo | 04/12/2020 13:40
Sergio García: ?Estamos encantados de poder sentir o apoio de 500 persoas?.

Esta mañá tivo lugar a rolda de prensa de Sergio García, previa ao encontro deste domingo ás 18:00 horas, correspondente á Xornada 7 fronte a Destino Palencia.
O técnico do Leyma Coruña comezou indicando, sobre a semana de adestramentos que ?foron poucos días para preparar o partido, pero suficientes. Temos un partido importante para nós contra un moi bo rival, un persoal probablemente diferente ás que nos enfrontamos ata agora. Nese sentido teñen xogadores de perímetro con moitísimo talento, como Dani, Richotti, Massarelli? Son unha serie de xogadores cun nivel de talento altísimo, e cun xogador especial na nosa liga, como é Borovnjak, pola súa calidade no poste baixo está a facer moitísimo dano a todos os equipos desde a pretemporada?.
Sobre o rival, Sergio comentou que ?é un equipo con moita calidade, moi ben adestrados e que tiveron moito tempo para preparar o noso partido. Seguro que nos van a pór en dificultades. Nós despois do partido do outro día o que queremos é volver recuperar a confianza e o nivel de xogo que viñamos facendo no tres partidos anteriores, e temos a oportunidade xa pronto, que ao final é o que todos queremos, sobre todo cando vés de perder, xogar canto antes. Sabendo da dificultade, un equipo que tivo tempo para preparar o noso partido, e que nos vai a pór en dificultades. Nós temos que recuperar o xogo que viñemos facendo na maioría dos partidos para tentar sacar un partido importante para nós?.
Ao ser preguntado sobre o aumento de aforamento a 500 espectadores para o encontro, o adestrador do conxunto laranxa mostrou a súa alegría, expresando que vai influír positivamente para o equipo. ?A nós encantaríanos ver as bancadas cheas. Evidentemente coa situación que estamos a vivir non é posible, pero coa dimensión do noso pavillón 500 persoas poden manter a distancia de seguridade. E nós encantados de poder sentir o apoio de 500 persoas. Gustaríame que fosen moitísimas máis, pero é unha noticia positiva, para estar contentos porque a verdade, nótase moito a ausencia de público. Estamos encantados de que nos apoien 500 espectadores e seguro que os xogadores cando o saiban tamén se van a pór moi contentos, e é unha ilusión e unha motivación máis para o partido?.