Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña - Palmer Alma Mediterránea Palma · 24/10/2021 20:00 Palacio de Deportes A Coruña || Senior Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Basquet Coruña Leyma S · 24/10/2021 19:00 Esteiro Mun || Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Instituto de Rosalía · 24/10/2021 16:00 Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: CD Xerion - Idefic Imatia Básquet Coruña · 24/10/2021 19:00 Novo Mesoiro || Junior Masc. 1ªDiv: SD Tui - Básquet Coruña J · 23/10/2021 18:00 Tui || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Arxil · 23/10/2021 16:00 Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Maristas Coruña - Básquet Coruña U18 · 23/10/2021 10:00 Colegio Maristas || Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - Instituto Rosalía · 24/10/2021 12:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - Instituto Rosalía · 23/10/2021 18:00 Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: ACB Costa da Morte - Básquet Coruña U15 · 23/10/2021 16:00 Cee Mun || Cadete Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña U16 · 23/10/2021 18:30 Pazo dos Deportes Arteixo || Infantil Masc. 1ªDiv: CB Costa Artabra - Básquet Coruña I · 24/10/2021 10:00 Javier Gomez Noya || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Obradoiro Masculino · 24/10/2021 12:00 Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Basquet Coruña 06-07 - Liceo La Paz · 23/10/2021 12:00 Ventorrillo || Cadete Fem. 2ªDiv: CD Calasanz - Basquet Coruña Leyma 06-07 · 23/10/2021 12:00 Colegio Calasanz

Primer equipo | 20/05/2021 12:24

Sergio García: ?Creo que teñen que ser uns partidos de goce, de ver como o equipo vai seguir dándoo todo e de ilusión?

Sergio García: “Creo que tienen que ser unos partidos de disfrute, de ver como el equipo va a seguir dándolo todo y de ilusión”

Esta mañá tivo lugar a rolda de prensa de Sergio García, previa ao encontro de mañá venres, correspondente ao primeiro partido dos cuartos de final de Play-off, entre Leyma Coruña e Liberbank Oviedo.

O técnico do Leyma Coruña comezou dicindo que ?é polo que estivemos esperando todo o ano. Por unha banda, moi contentos e satisfeitos pola liga regular que fixemos. Estivemos, practicamente, nun 70% de vitorias, a mellor liga regular da historia do club, en canto a clasificación e vitorias. Despois, por unha banda moi satisfeitos por cumprir o noso principal obxectivo que era chegar onde estamos agora, cuartos de final de play-off. Creo que agora é un momento que, evidentemente, imos vivir con tensión, pero do mesmo xeito, tanto para o equipo que é o que lles pedimos e para os nosos afeccionados, eu creo que teñen que ser uns partidos de goce, de ver como o equipo vai seguir dándoo todo, de ilusión, e evidentemente, ao ser só ao mellor de 3 partidos pode pasar calquera cousa. Do que non teño dúbidas é de que o equipo se vai a seguir baleirando en canto a esforzo, implicación dos xogadores non vai faltar. Por iso tamén pedir, sendo un pouco egoísta, que o público veña a animarlles. Eu creo que pola súa traxectoria durante esta tempada meréceno?.

Sobre o rival, Sergio comentou que ?a este nivel estamos a falar de que son os mellores equipos da competición, todos os rivais son complicados. É verdade que Oviedo, polas súas características físicas, pódenos vir pódenos vir un pouco máis incómodo a nós, porque son practicamente tan físicos como nós, ten agora 13 xogadores, ten que facer convocatoria para o partido. É un equipo que vai ter rotación, que vai ter físico, teñen talento, entón creo que se vai a ver o que se viu nos dous partidos que se xogaron, partidos moi igualados e imos ver se somos capaces de sacalos para o noso terreo?.

En canto a ?a besta negra? como se coñece ao equipo ovetense con respecto ao coruñés, o técnico indicou que ?ao final nisto do deporte, sempre hai estatísticas. Eu antes estaba noutro club que nunca gañara en Lugo, ou en Oviedo en play-off e xa se gañou. Sempre hai unha primeira vez. É unha pista moi complicada, porque a traxectoria de Oviedo, do seu club e equipo é moi boa, e teñen moito nivel. Eu creo que iso o temos que esquecer, e ao final se facemos un bo xogo gañaremos, e se non, terémoslles que felicitar. Non hai máis historia?.

En relación a que o Leyma Coruña quere ascender, pero non se marca unha presión sobre iso, Sergio incidiu en ?exacto. De feito o presidente tamén nolo lembrou hai uns días. Nosa ?obrigación?, por dicilo dalgunha forma, é seguir dándoo todo, baleirarnos e poder mirarnos á cara ao acabar e dicirnos ?tentámolo todo?. Logo, pois bo, isto é un xogo e veremos ata onde chegamos. O outro día estivemos a dous tiros e un palmeo de poder quedar primeiros. Isto é un xogo e por unha canastra, por un palmeo, logo pódeche cambiar unha traxectoria en canto á túa implicación. Entón, nese sentido estamos moi satisfeitos. Evidentemente imos con toda a ambición, pero ao mesmo tempo con humildade, sabendo que podemos conseguilo, pero do mesmo xeito podemos acabar nesta rolda. Entón, ímolo a tentar, os xogadores están con moita ilusión e imos ver?.

Por último, sobre a diferenza de dificultade de Oviedo respecto dos demais equipos contra os que se enfronta o Leyma Coruña, o adestrador laranxa explicou que ?creo que é un equipo que ten unhas características moi similares ás nosas. Por dentro teñen un nivel físico tanto ou máis que o noso, e por fóra foron capaces de conseguir xogadores de moito talento, rápidos, con moi bo tiro exterior? É un equipo no que a nós, o ritmo, o físico, a defensa? cústanos un pouco máis tratar de impornos por aí, pero xa demostramos que podemos gañarlles e hai que ser optimistas. O normal é que estea igualado, son moi poquitos partidos e temos que tentar pensar só no primeiro, e se o sacamos xa iremos vendo?.

Lembrámosvos que están á venda as entradas para o encontro. Están dispoñibles nas nosas oficinas ata mañá ás 14:00h. Na nosa web poderán comprarse ata as 16:59h de mañá, nesta ligazón: https://venda.basquetcoruna.t2v.com/index/index

A partir dese momento, poderán adquirirse SÓ nos despachos de billetes do Palacio desde as 17:00h (tanto convivientes como non convivientes poderán adquirilas aquí).

Ademais, é moi importante acceder ao encontro cunha antelación de 45 min - 1h, debido ao protocolo covid e para evitar aglomeracións.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo LiñagarEstrella GaliciaSeat Cupra Mo Marineda Motor