Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 09/12/2018 06:29

Segundo triunfo consecutivo do Leyma Coruña ante o Barcelona Lassa (65-88)

Segundo triunfo consecutivo del Leyma Coruña ante el Barcelona Lassa (65-88)

O Básquet Coruña cultivou a segunda vitoria seguida e terceira do curso ante o Barça Lassa, nun choque que controlaron sempre os coruñeses e no que a última incorporación, Jeff Xabier, liderou a anotación, con 18 puntos.

Os laranxas sempre mandaron no luminoso, salvo nun momento do primeiro cuarto, cando os locais puxéronse un arriba. Os laranxas controlaron o partido, con boas porcentaxes de tiro de tres. O único pero da primeira parte foron os problemas no rebote de ataque, onde destacou o filial azulgrana (16-19).

Defensivamente o cadro de Gustavo Aranzana volveu estar moi serio e á hora de atacar máis ordenado, xerando moito desde o pase e sendo intelixentes á hora de atacar o seu defensa de 'pick and roll', creando moitas vantaxes e anotando (31-42).

Tras o paso por vestiarios, os coruñeses eran conscientes de que un equipo novo como é o Lassa ía apertar e a presionar, tratando de que o Leyma cometese fallos, pero respondeu moi ben, demostrando un paso de madurez importante no terceiro cuarto para cando o Lassa púxose a dez puntos o seguir confiando no equipo e o xogo colectivo e con moito acerto no xogo do bloqueo directo (50-61, ao termo do terceiro acto).

No último cuarto para pechar o partido, o Leyma buscou tamén a máxima vantaxe posible, que lle fai falta, non tanto polo resultado directo con este equipo, senón para mellorar as sensacións das semanas pasadas e seguir crecendo (65-88).








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city