Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 20/06/2018 13:44

Rugby e unha actividade de escapismo, no Campus Milenium

Rugby y una actividad de escapismo, en el Campus Milenium

Como cada día, seguímosvos desvelando as nosas actividades complementarias ao baloncesto, o noso deporte crave e fundamental no Campus Milenium, que pecha inscricións este venres día 22 de xullo, con só 21 prazas dispoñibles e 229 participantes xa confirmados.

Volveremos colaborar co CRAT para que os nosos participantes gocen dunha nova xornada de rugby xunto aos propios xogadores destes equipos, nunha actividade de iniciación a este deporte. Un club referente na cidade, con varios títulos ligueiros ás súas costas (tanto masculinos como femininos) e que conta nas súas filas con deportistas olímpicas e que xogaron Europeos e Mundiais.

Ademais, como outra das principais novidades deste ano, teremos unha visita ao Clue Hunter para gozar dunha sesión de Scape Room. Unha actividade que consiste que grupos de xogadores logren escapar dunha habitación seguindo unha serie de pistas en menos de 60 minutos. 

Como matización importante, queremos indicar que non todas as idades de participantes poden facer todas as actividades programadas, aínda que poderán gozar doutras adaptadas á súa idade.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar