Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 11/09/2015 14:31

DESQUITE CONTRA O BREOGÁN NO II TORNEO LUGO É BASKET

REVANCHA CONTRA EL BREOGÁN EN EL II TORNEO LUGO É BASKET

O conxunto coruñés viaxa case ao completo, tras a chegada do estadounidense  Zach Monaghan o pasado domingo á Coruña, e tan só a falta do xeorxiano Beka Burjanadze que continua no Eurobasket coa súa selección

O Leyma Básquet Coruña repite rival no seu segundo partido de pretemporada, esta noite a partir das 21:00 horas no Palacio dos Deportes  de Lugo. Os de Perico Díaz terán a ocasión de desquite ante o Breogán, despois de caer no amigable que enfrontou a ambos os equipos en Ribadeo o pasado venres, cun resultado de 82-76..   

O encontro de hoxe abre o II Torneo Lugo é Basket, un triangular organizado pola Asociación Xuvenil Sacro Corazón que proseguirá todo o fin de semana e que será retransmitido en liña  en directo a través da web do club lucense. O terceiro equipo en liza é o  Palencia, un dos tradicionais galos da liga que volveu a conformar un competitivo  persoal para a presente tempada.  O Leyma Básquet Coruña medirase contra o conxunto  palentino mañá sábado ás 18:30 horas.

O cadro coruñés viaxa a Lugo case ao completo, tras a chegada do estadounidense  Zach Monaghan o pasado domingo á Coruña, e tan só a falta do xeorxiano Beqa Burjanadze que continua no Eurobasket coa súa selección. Os mozos Pablo López-Pizarro, Martín Belo e Óscar Pérez, de categorías basee, foron convocados para apoiar ao equipo LEB Ouro nesta segunda cita de pretemporada, do mesmo xeito que sucedeu na disputa de Ribadeo.  

O domingo ás 19:00 horas será a quenda do Breogán-Palencia , ao que seguirá a entrega de trofeos, prevista para as 20:45.

Os prezos das entradas do II Torneo é Lugo son de 5 euros por encontro e tamén cabe comprar abonos de 10 euros para gozar o tres partidos. No caso dos menores de 12 anos o acceso é gratuíto.

A próxima semana chegará o prato forte da pretemporada, a XXX Copa Galicia, que este ano se celebra en Ourense os días 18 e 19. O mércores 15 o Leyma Básquet Coruña loitará por unha praza nas semifinais xogando a fase previa contra o Xuven de Cambados na cancha do equipo Leb Prata. 

 






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar