Primer equipo | 20/10/2020 19:34
Procedemento adquisición entradas partido Leyma Coruña - Clínica Sur-Aspasia RVB

?? Ante as últimas restricións sanitarias e a falta da confirmación oficial do aforamento permitido para o noso partido por parte da Xunta De Galicia, queda temporalmente bloqueada a venda de entradas ??
Seguiremos informando acerca de calquera novidade.
____________________________________________________________________
O COVID-19 está a alterar todas as ordes normais do noso día a día, instalándonos nun longo período de incerteza. En referencia á nosa competición, ao longo da evolución da pandemia, haberá momentos onde os partidos quizais sexan a porta pechada ou, contrariamente, póidase ampliar o aforamento do Palacio. Ao non ser coñecedores do número concreto de persoas que podemos albergar ao longo da tempada, desde o Club decidimos que, polo momento, NON se van a emitir abonos anuais.
O obxectivo principal deste comunicado é informar o procedemento da compra de entradas que imos levar a cabo desde esta mesma semana. Así pois, aqueles abonados que comprasen o abono socio amigo terán dereito a sacar unha entrada bonificada por valor de 8 euros cada partido. No caso de que dita evolución permitísenos volver gozar dun aforamento suficiente, recuperaremos a figura do abono anual, cuxo prezo se axustará proporcionalmente ao tramo de competición que quede por disputar.
Debido a esta nova situación, aqueles abonados que desexen a devolución dos 25 ? depositados do abono amigo, poderán solicitala respondendo a este mail. Pola contra, este rembolso non poderá facerse efectivo tras a compra da primeira entrada. Isto débese a que a mesma dispón dun prezo bonificado, derivado da figura do socio amigo (condición que permite comprar a entrada ao prezo bonificado).
A data do primeiro partido (Valladolid) será o 24/10/2020 ás 17:00h e o seu aforamento será de 300 persoas.
O procedemento de adquisición de entradas para o encontro do sábado, será o seguinte:
? Só poderase sacar unha entrada por un único usuario.
? A retirada de entradas realizarase acorde á seguinte orde de preferencia:
? Socios amigo accionistas:
Ata o 21/10/2020 ás 23:59 (logo poderán seguir retirándoas, se aínda quedan entradas dispoñibles, ata o día do partido, pero sen preferencia sobre o resto).
? Socios amigo que non pediron devolución/compensación do abono da tempada pasada:
Desde o 22/10/2020 ás 00:00 Ata o 22/10/2020 ás 23:59. (logo poderán seguir retirándoas, se aínda quedan entradas dispoñibles, ata o día do partido, pero sen preferencia sobre o resto).
? Resto de socios amigo:
Desde o 23/10/2020 ás 00:00 Ata o 23/10/2020 ás 23:59. (logo poderán seguir retirándoas, se aínda quedan entradas dispoñibles, ata o día do partido, pero sen preferencia sobre o resto).
? Público Xeral:
Desde o 24/10/2020 ás 00:00 Ata o 24/10/2020 á hora do partido.
As entradas poderán adquirirse a través da seguinte web, entrando coas credenciais persoais: https://venda.basquetcoruna.t2v.com/ e achegamos nesta nota un PDF cun manual para saber como compralas.
Ante calquera dúbida, atenderémosvos no seguinte mail club@basquetcoruna.com ou no teléfono 981 26 40 22. E se non hai máis remedio, nas nosas oficinas (C/Arquitecto Rei Pedreira, 3. Baixo).
Vémonos en #OFornodeRiazor!
Documentos adjuntos
Primer equipo | 15/10/2020 19:34