Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 22/09/2018 15:52

Primeira vitoria fóra da península de Leyma Coruña ante o Union Neuchatel (78-84)

Primera victoria fuera de la península de Leyma Coruña ante el Union Neuchatel (78-84)

O Leyma Coruña asinou o seu primeiro triunfo extrapeninsular tras imporse ao Union Neuchatel helvético (78-84)

Despois de realizar un bo papel na Copa Galicia a pesar do gran número de ausencias por lesión e xogadores cos seus equipos nacionais o Leyma Coruña viaxou a Suíza para disputar a prestixiosa Coupe Landolt. Unha excelente iniciativa da Directiva para dar a coñecer A Coruña e ao seu equipo de BA-LON-CES-TO fóra das nosas fronteiras.

O torneo constitúe unha magnífica oportunidade para realizar unha convivencia de catro días con xogadores que apenas puideron adestrar todos xuntos e, a recado, está a ser aproveitada polos técnicos Gustavo Aranzana e Charlie Uzal para a construción do equipo táctica e psicoloxicamente.

O partido supuxo a primeira ocasión na que estaban dispoñibles once xogadores. Incorporados Piñeiro e Araujo e cos débuts de Ogbueze e Carlos Martínez, por fin recuperado da súa lesión, Aranzana puido facer as oportunas rotacións que permitiron manter unha elevada intensidade defensiva e un bo acerto ofensivo que lle outorgou vantaxe no marcador desde o primeiro cuarto.

O dominio da pintura a través do rebote e a responsabilidade individual na defensa complementada por un bo sistema de axudas e rotacións permitiu ao Leyma Coruña despegarse no marcador. En ataque, buscábanse transicións rápidas para finalizacións que permitían sumar con canastra e adicional. No xogo posicional, probábase con acerto o arsenal de movementos ofensivos do equipo en procura dunha boa velocidade de execución.

Destacar a boa adaptación dos americanos: Sabin anotando con fluidez desde media distancia, Stephens pondo a súa intelixencia natural na lectura de xogo a disposición do equipo e Ogbueze con gran acerto no tiro tras bote. Sinalar tamén, o esperado début de Carlos Martínez cunha excelente achega en rebote.

Máis aló das individualidades, o partido permitiu o crecemento do equipo que volverá aos entrenos esta tarde para preparar a final da Coupe Landolt a disputar mañá.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar