Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Calvo Artai · 24/01/2021 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Montrove - Idefic Imatia Básquet Coruña · 23/01/2021 19:00 Canide-Mera || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - Compañía de María · 24/01/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña 03/04 · 23/01/2021 20:00 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Fem. 1ªDiv: Fundiciones Rey - Básquet Coruña Leyma C · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Fontecarmoa 1 || Cadete Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña C · 23/01/2021 12:00 Instituto Rosalía de Castro || Infantil Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña I · 23/01/2021 10:00 PIO XII || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - SIGALTEC · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Acad. A Mariña Burela INF.fem · 24/01/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Básquet Coruña Leyma U12 · 23/01/2021 12:00 Pavillón Casa Do Deporte || Minibasquet Masc. 1ªDiv: REVI Obradoiro - Básquet Coruña U12 · 24/01/2021 10:00 Monte dos Postes

Equipos base | 26/09/2016 10:10

Primeiro partido de 1ª División Infantil Feminina: "Zapatos novos"

Primer partido de 1ª División Infantil Femenina:

ZAPATOS NOVOS

"Os zapatos de prata teñen un poder marabilloso explicoulle a Bruxa Boa, e unha das súas cualidades máis curiosas é que poden levarche a calquera parte do mundo con só tres pasos, e cada paso dáse nun dicir amén. Todo o que tes que facer é unir os tacóns tres veces seguidas e ordenar aos zapatos que che leven onde desexes ir."
("O mago de Oz". L. Frank Baum)

Así andamos: despois dun mes adestrando a cegas, por fin a estrea. Chegamos a Lugo sen moita idea do que nos depararía a competición, cun rival moi solícito que soubo tomarnos o pulso sen despeitearse máis da conta. Átache ben as zapatillas que nunca se sabe o que podes durar na pista. E así foi, todas as xogadoras probáronse no primeiro cuarto para concluír que cando xogamos a ritmo temos as mesmas oportunidades que calquera que adestre duro a isto.

O primeiro cuarto asustounos un pouco, coa sensación de que se nos podían escapar no marcador en calquera momento, xa que nos custaba un mundo anotar: 14-7, estamos aí. No segundo a cousa xa foi tomando corpo e viuse a un Estudantes moi concreto nas transicións e eficaz nos contraataques: 16-5, toca sufrir. 30-12 ao descanso parece unha laxa, pero aínda cremos.

Despois da pausa asomamos a cabeza fóra da camiseta e puidemos ver que xogando ao noso e crendo nas compañeiras o panorama era outro. Achegámonos a 10 e provocamos o tempo morto correspondente. Gañamos o terceiro parcial (8-13), aínda podemos. O último cuarto baixounos da nube (18-13) e aínda que a diferenza final foi de 18 puntos, o aro devolveunos parte da nosa insistencia e volvemos coa idea clara de que para a volta seremos outras.

Estudantes de Lugo (14+16+8+18): Mulet, A., Prado, C., Fernández, E., Lebron, E,. Corujo, C., Díaz, C., Delestal, C., Fernández, M., Pita, A., Maio, B., López, S.

Adestrador: Álvaro Abuin.

Básquet Coruña Leyma ( 7+5+13+13): Laura Ibánez, Inés Ferreiro, Sara Lara, Adela Villar, Nuria Catoira, Candea Rodríguez, Sara Añón, Martina Gutiérrez, Mayte Villca, Sara Fernández e Gabriela Biscaíño.

Adestradoras: Edda Beltrán, Olalla Luaces, Laura Pozo.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city