Actividades | 29/12/2014 13:07
Primeira Quenda do Campus Nadal Quiron A Coruña

Sen dúbida foron 4 días intensos e divertidos nos que contamos con 35 niñ@s, todos eles cunha afección en común, o baloncesto.
As rutinas técnicas eran sempre similar: empezabamos a mañá cunhas sesións de adestramento nas que dividiamos aos niñ@s en grupos de traballo segundo idade/nivel, a media mañá faciamos un parón para coller forzas e tomar unha pequena merenda, e acababamos a mañá con competicións.
A pesar de que o baloncesto foi o total protagonista no noso campus, non foi o único co que gozamos. A visita ao Inef, Bastiagueiro, foi todo un éxito: piscina de espuma, trampolíns, colchóns, ciricuitos... Un día diferente que serviu para convivir e coñecernos todos un pouquiño máis.
Foron uns días moi divertidos nos que xogadores de diferentes clubs da nosa cidade reuníronse para facer o que máis nos gusta.
Esperemos que volo pasastes igual de ben que nós coa vosa compañía.
¡Felices Festas!