A Coruña, 20 de febreiro de 2020. O Consello de Administración do Club Basquet Coruña SAD, reafirmando o seu compromiso de transparencia cos seus accionistas, abonados e afeccionados, decidiu facer público o detalle do orzamento para a tempada 2019/20 (período anual comprendido entre o 1 de xullo de 2019 e 30 de xuño de 2020), aprobado na Xunta Xeral de Accionistas celebrada o pasado 11 de decembro de 2019, así como unha desagregación detallada dos importes correspondentes ao equipo LEB OURO. A continuación, móstrase un resumo do orzamento total (Cifras en euros):
Ingresos Gastos
LEB OURO 810.206 825.984
Escolas 373.746 376.134
Actividades 106.849 87.859
Total 1.290.800 1.289.977
Orzamento equipo LEB Ouro Tempada 19/20.
O orzamento total de gastos do equipo LEB Ouro ascende a un total de 825.984 euros. Na seguinte táboa móstrase a composición de gastos por natureza dos mesmos (cifras en euros):
Soldos e Salarios (*) 443.390
Seguridade Social 133.407
Federación Española 86.580
Desprazamentos 71.850
Outros gastos (**) 90.756
Total 825.984
(*) Inclúe o custo de salarios, aloxamentos e dietas de xogadores e de todos os membros do corpo técnico do equipo LEB.
(**) Inclúe gastos xerais do Club, custos de axentes de xogadores e custos de organización dos partidos do equipo LEB OURO no palacio dos deportes de Riazor.
Por outra banda o orzamento de ingresos do equipo LEB OURO ascende a un total de 810.206 euros. Na seguinte táboa móstrase a desagregación dos ingresos pola súa natureza (cifras mostradas en euros):
Patrocinios Privados e abonos 632.471
Subvención da Deputación (***) 125.000
Fundación Deporte Galego e Xunta 36.573
Outros ingresos 16.161
Total 810.206
(***) Este importe reduciuse a 97.400 euros, debido á redución do importe aprobado finalmente pola Deputación da Coruña para o ano natural 2019 e á comunicación recibida verbalmente dunha redución adicional para o ano 2020. Isto implica un déficit adicional non previsto inicialmente de 27.600 euros para esta tempada 2019/20.
Escolas deportivas e actividades na Tempada 19/20.
O club dispón de dúas seccións adicionais ao equipo LEB Ouro. Unha delas é ?a canteira e escolas deportivas? nas que participan este ano 640 nenos (deles 453 federados e o resto en escolas) e diríxenas 31 adestradores, xunto co director de canteira. Dentro dos ingresos desta sección atópase unha Subvención do Concello da Coruña por importe de 85.000 euros, sendo o resto dos ingresos provenientes de patrocinios privados e das cotas dos xogadores.
Dentro da sección de ?organización de actividades? inclúense desde o Torneo Teresa Herrera alevín, que se converteu nun clásico todo o nadal no que participan máis de 38 equipos masculinos e femininos de toda Galicia e Castela-León, ata todos os campus de baloncesto organizados en Nadal, Semana Santa e Verán, ademais do programa Colexios con Gancho. Estas actividades fináncianse totalmente cos ingresos que xeran e con patrocinios privados.