Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 15/09/2017 12:30

Presentación oficial do equipo LEB este domingo 17 de setembro

Presentación oficial del equipo LEB este domingo 17 de septiembre

O Palacio dos Deportes de Riazor será ,de novo, escenario da presentación do equipo LEB fronte á súa afección. O técnico Gustavo Aranzana e os seus, están desexosos por debutar no Palacio e sentir o apoio da súa afección para esta nova campaña.
A oportunidade chega este domingo cando o Leyma Coruña enfrontarase ao Vitoria Guimaráes SC no partido de volta do Trofeo Minho Galiza. O equipo buscará a vitoria para alzarse con este torneo tras imporse 78-90 no partido de ida.

Será ás 18:00 da tarde cando equipo e afección, véxanse de novo as caras. Con entrada libre, os afeccionados que desexen acudir, poderán gozar non só do partido e da presentación dos padriños dos nosos equipos, senón da presenza dos xogadores para poder facerse fotos e firmas tras o choque.

Súmase ademais á presentación do primeiro equipo, o debut en casa ,na Copa Galicia EBA, do equipo filial, que fará o propia fronte ao Sto.Domingo de Betanzos.

Ademais para todos aqueles que non sexan socios ou abonados, e que así o desexen, estará dispoñible unha caseta para que poidan unirse a esta paixón chamada baloncesto.

Esperámosvos a todos nesta nova andaina do Leyma Coruña. A marea laranxa chega outra vez ao Palacio dos Deportes de Riazor.

#Abónateátolemia.






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar