Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 27/04/2017 09:48

Presenza laranxa nas xornadas de armonización de minibasket da FGB

Presencia naranja en las jornadas de armonización de minibasket de la FGB

Como en anos anteriores, o noso club participará na Xornada de Armonización de Minibasket Galego, organizada polo GB e que este ano alcanza a súa quinta edición. Este novo CETI de Tecnificación terá lugar o luns 1 de Maio do Colexio Manuel Peleteiro, situado en Santiago de Compostela, e está destinado aos pequenos xogadores e xogadoras nacidos de 2006 a 2008.

Por parte do Club Básquet Coruña foron chamados a adestrar Carolina Gómez Igrexas e Helena Allende Muñoz -minibasket 2006- e Carla Vázquez Roca e Irene García Pan -preminibasket 2007-, así como Pablo Fraga Vidal e Antón Lorenzo Portela -preminibasket 2007-, e Sandro Gonta Gómez -preminibasket 2008-.

Os nosos mozos deportistas compartirán adestramentos e actividades lúdico-deportivas con compañeiros do catro provincias galegas, dirixidos todos eles por adestradores designados pola área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto. En cada grupo de idade, tanto masculino como feminino, participarán ao redor dunha trintena de xogadores seleccionados nos CETI zonais, e os seus pais e nais participarán en charlas-coloquio específicas para eles.

Ademais, durante todo ou día haberá outras actividades abertas a todas as persoas que desexen asistir, desde charlas para nais, pais e titores ata actividades para adestradores.

Desexamos aos nosos representantes laranxas unha xornada de aprendizaxe, diversión e amizade! #canteralaranxa






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo Liñagar