Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 07/09/2017 20:53

Preselección galega para un dos nosos infantís

Preselección gallega para uno de nuestros infantiles

Este próximo fin de semana, o sábado 8 e o domingo 9, o noso xogador infantil Mateo López Veiga acudirá á concentración da preselección galega infantil que se desenvolverá en Marín.

O staff técnico do combinado autonómico, composto por Javier Peiteou (técnico do Estudantes de Lugo, actual seleccionador), Fernando Martínez, procedente do CB Culleredo (adestrador axudante) e David Arias, do Obradoiro (delegado), citaron a un total de dezaseis xogadores para estas xornadas de traballo.

Estas terán lugar na Residencia San Narciso. Os xogadores están citados ás 09.30 horas da mañá do sábado e os adestramentos desenvolveranse en horario de 10 a 12.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas os dous días.

Moita sorte Mateo e esperamos que goces e aprendas moito coa experiencia!








Xunta de Galicia

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city