Pablo Ferreiro, Xogador 5 Estrelas Mahou da primeira volta

A base lucense do Leyma Coruña Pablo Ferreiro recibiu hoxe o premio Xogador 5 Estrelas Mahou da primeira volta. Un galardón que lle recoñece como o mellor xogador do equipo do primeiro tramo ligueiro, segundo a opinión dos afeccionados.

Estes en cada partido dos laranxas como locais entre o tres máis valorados podían darlle RT ou ME GUSTA ao tuit do seu xogador favorito, que se publicaba na conta oficial de Twitter do Básquet Coruña.

Ferreiro recibiu o galardón de mans de Daniel Capelete, xestor de Mahou. Coa entrega deste premio, Mahou demostra o seu compromiso e o seu fiel apoio ao Leyma Coruña. Con esta iniciativa quere premiar por unha banda aos xogadores máis destacados e por outro aos seus afeccionados, que son os encargados da elección.

Desde o club afirman que "demostrou ser un xogador moi traballador, disciplinado, intelixente e bo compañeiro. Un xogador, ademais, que entende perfectamente o xogo e cuxo comportamento é magnífico".

?É unha honra para min que a afección me queira, unha afección que está cada vez sumándose máis nestes anos e espero seguir dando alegrías e que o equipo vaia mellorando e consigamos ter esa progresión que nesta primeira volta custounos. Creo que agora imos para mellor?, declarou o premiado.