Pablo Ferreiro e o Leyma separan os seus camiños

A Coruña, a 1 de setembro de 2020.

O Club Basquet Coruña SAD anuncia a rescisión amigable do contrato que mantiña con Pablo Ferreiro, xogador que deixa a disciplina do club laranxa en busca de minutos e un novo reto profesional.

Pablo Ferreiro incorporouse ao Leyma na tempada 2016/17 con tan só 18 anos para reforzar o posto de base no equipo Leb Ouro e como unha aposta de futuro. Completou 4 tempadas nas que participou e influído moito no crecemento social e deportivo do club, e nas que os afeccionados puidemos gozar da súa progresión e virtudes na dirección de xogo.

O club di ata logo a Pablo Ferreiro, e bríndalle o seu apoio para o futuro e deséxalle moito éxito nos seus novos retos. O comportamento de Pablo co club foi exquisito todos estes anos, un grandísimo profesional, mellor persoa e un estupendo exemplo para os máis novos. Chegou a Coruña hai 4 anos para facer carreira baloncestística e universitaria. Márchase sendo un dos nosos Capitáns, habendo completado o Grao en Dereito e convertido en todo un xogador profesional de baloncesto, e non menos importante, gañándose o respecto e agarimo de toda a #FamiliaNaranja.

Mil grazas Pablo, foi un auténtico pracer.