Primer equipo | 03/08/2017 10:28
Pablo Ferreiro continuará a súa progresión como xogador nas filas do Leyma Coruña
O Club Básquet Coruña anuncia a renovación da base Pablo Ferreiro Costas. Esta será a súa segunda tempada no equipo laranxa. O mozo xogador cumpriu con fartura o seu rol no primeiro equipo, e foi unha das sensacións do pasado ano, incluso participando en moitos minutos de calidade. A súa dirección e xogo directo ao aro, a súa capacidade de desborde nun contra un e a súa madurez, fan del un xogador a ter en conta polos rivais. Del espérase que siga con esa evolución e que podamos seguir crecendo xuntos da man.
A renovación de Pablo súmase ás xa anunciadas de Sergio Olmos, Anxo Hernández e as incorporacións de Michael Torres, Jorge Sanz, Jonathan Gilling e Eduardo Hernández Sonseca, ademais da do novo adestrador Gustavo Aranzana.