Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña - GRANADA · 17/10/2021 19:00 PALACIO DE DEPORTES GRANADA || Senior Fem. 1ªDiv: Basquet Coruña Leyma S - BAXI FERROL · 17/10/2021 12:00 RIAZOR 2 || Senior Masc. 2ªDiv: INSTITUTO ROSALIA - Básquet Coruña S · 16/10/2021 16:00 INSTITUTO ROSALIA || Junior Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña J - SD TUI · 16/10/2021 20:00 RIAZOR 2 || Junior Fem. 1ªDiv: ARXIL - Básquet Coruña Leyma J · 17/10/2021 18:00 UNIVERSITARIO PONTEVEDRA || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18 - MARISTAS CORUÑA · 17/10/2021 17:00 RIAZOR 2 || Cadete Fem. 1ªDiv: INSTITUTO ROSALIA - Básquet Coruña Leyma C · 16/10/2021 10:30 INSTITUTO ROSALIA || Cadete Masc. 1ªDiv: INSTITUTO ROSALIA - Básquet Coruña C · 16/10/2021 12:30 INSTITUTO ROSALIA

Primer equipo | 14/05/2018 13:23

Outro enfrontamento máis para a épica no cuarto e haberá quinto partido (80-85).

Otro enfrentamiento más para la épica en el cuarto y habrá quinto partido (80-85).

O Leyma Coruña non puido conseguir o terceiro triunfo que lle dese o pase na serie ante o ICL Manresa (80-85) nun Palacio dos Deportes abarrotado e que non deixou de animar. Os laranxas terán que xogar o quinto e definitivo partido este martes día 15 ás 21.00 horas.

Os coruñeses comezaron dominando (10-2) ante un equipo visitante que iniciou o duelo de forma dubitativa. Co paso dos minutos os de Diego Ocampo íanse entoando e acababan mandando ao final do primeiro cuarto (18-19).

O segundo acto era unha tira e afrouxa con achega coral de xogadores como Olmos, Chuku ou Cooney. Ambas as escuadras íanse ao descanso con táboas no luminoso e todo por decidir tras o descanso (40-40)m

O paso de vestiarios sentaba mellor aos locais que con Olmos e Cooney puña unha pequena renda (50-43), pero tras pedir un tempo morto Manresa asinaba un 0-16 (50-59) e entón era Aranzana o que tiña que pedilo. Os herculinos, cun triplo de Abia e bos minutos na pintura deixaban ao Leyma Coruña oito abaixo (58-66).

A pesar da distancia de Manresa, os laranxas non viñan abaixo e paso a paso ían cortando as diferenzas ata que cun 'coast to coast' con mate de Cooney levantábase o Palacio dos Deportes de Riazor (78-75, min.38). Os nervios e os erros nalgunha canastra impediron un triunfo que habería finiquitado a serie ante un dos favoritos ao play-off de ascenso (80-85).

O partido definitivo será este martes ás 21h no Nou Congost






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestoXacobeo 21·22xunta de galiciaayuntamiento de a coruñagbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda cityprivate bank citiTradisco, Tratamientos de construcciónGrupo LiñagarEstrella GaliciaSeat Cupra Mo Marineda Motor