Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Primer equipo | 29/10/2016 21:51

Os laranxas levan o derbi en Riazor nun choque dos que crean afección

Los naranjas se llevan el derbi en Riazor en un choque de los que crean afición

O Leyma Coruña volveu regalar hoxe unha nova vitoria á marea laranxa, nun derbi contra o Ourense Provincia Termal deses que crean afección. O resultado final, un merecido 79-67 co que o equipo herculino asina a súa quinta vitoria no seis xornadas de liga xogadas. Ao final do choque, o técnico laranxa Tito Díaz restou importancia á clasificación do equipo nos postos altos da táboa, lembrando a excelente tempada realizada na anterior edición, que con todo comezara por uns camiños moi diferentes.

Para o adestrador do Leyma Coruña, o importante do encontro de hoxe é ver que o equipo está a traballar ben en defensa e empeza a poder correr e facer o seu xogo. E mostra desa mellor defensa son as baixas anotacións que están a encaixar por parte dos equipos rivais. Pero lembrou que tamén hai puntos para mellorar, porque os rebotes séguense resistindo aos de Tito Díaz, e os ourensáns foron superiores -18 en ataque-.

En todo caso, o derbi foi dos de gozar, cun primeiro cuarto igualado, espectacular por ambos os equipos e moi anotador e un segundo e terceiro no que o Leyma Coruña mellorou o seu defensa e só encaixou 7 e 9 puntos respectivamente. O desfalecemento dos laranxas en forma de atasco defensivo chegou no último cuarto, quizá porque as rendas de ata 22 puntos por encima do rival convidaban a iso. Pero a pesar dos puntos débiles, os coruñeses sacaron adiante o choque con folgura e oficio, e recibiron unha vez máis a ovación da bancada. Próxima cita en Riazor, o martes 8 de novembro ás 21:00 horas, contra o San Pablo Inmobiliaria Burgos. #sentimientonaranja







non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi