Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Cadete Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma C - PBB A · 19/06/2021 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Estudiantes Pontevedra · 19/06/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - ESCLAVAS · 18/06/2021 19:20 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 07 - Carniceria Daniel Artai · 20/06/2021 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña 08 - Arteixo · 20/06/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2

Primer equipo | 13/11/2016 16:40

Os laranxas ceden en Cáceres tras alcanzar a un gran rival que dominou a primeira parte

Los naranjas ceden en Cáceres tras alcanzar a un gran rival que dominó la primera parte

O Leyma Coruña non puido sumar hoxe a que sería a súa sexta vitoria consecutiva e caeu ante o Cáceres Patrimonio da Humanidade cun saldo final de 88-84, tras ?o partidazo? vivido no Multiusos da cidade estremeña. Así o definiu Perico Díaz na roda posterior ao choque, na que recoñeceu que os locais sorprenderon ao conxunto coruñés cunha extraordinaria primeira parte de enorme acerto, enerxía e ritmo, na que os laranxas só puideron ir a remolque, chegando a unha diferenza de once puntos abaixo antes do descanso.
O paso por vestiario sentou ben ao equipo visitante ?e tamén o incrible triplo de Anxo Hernández no último suspiro da primeira parte-, porque no terceiro cuarto o guión cambiou. O Leyma Coruña saíu a por todas, endureceu o seu defensa e freou o vendaval verdinegro, demostrando que o seu posto na táboa non é casual, e logrando dar a volta ao marcador antes do último cuarto.
Pero o conxunto estremeño non estaba disposto a perder un partido no que chegara a estar 18 puntos arriba, e volveu encherse de descaro e acerto en triplos, con inspiradísimos xogadores como Nikola Rakocevic, Sergio Pérez e Luís Parello, logrando a terceira vitoria consecutiva na súa pista fortín.
Se Perico Díaz non escatimou eloxios para os locais, non fixo menos cos seus, de cuxo esforzo se sentiu ?super orgulloso?. Contrariamente ao que poida parecer pola clasificación, o adestrador do Leyma Coruña lembrou que ?non somos un equipo de grandes figuras, somos un equipo humilde e traballador, e estamos onde estamos por iso?. A esa humildade e traballo atribuíu o mérito de lograr o parcial de 12-24 do terceiro cuarto que estivo a piques de cambiar definitivamente o rumbo do encontro.
A liga segue e este venres ás 21:00 horas os coruñeses volven xogar en Riazor ante outro contendente, os Queixos Cerrato Palencia, que promete novo partido de alta voltaxe. #sentimientonaranja

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz--post-j9.m4a






non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankaltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda citysavills aguirre newmanprivate bank citi