Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña S - Calvo Artai · 24/01/2021 17:00 Polideportivo Riazor 2 || Senior Masc. 3ªDiv: Montrove - Idefic Imatia Básquet Coruña · 23/01/2021 19:00 Canide-Mera || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - Compañía de María · 24/01/2021 09:30 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: CB Arteixo Duacode - Básquet Coruña 03/04 · 23/01/2021 20:00 Pazo dos Deportes de Arteixo || Cadete Fem. 1ªDiv: Fundiciones Rey - Básquet Coruña Leyma C · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Fontecarmoa 1 || Cadete Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña C · 23/01/2021 12:00 Instituto Rosalía de Castro || Infantil Masc. 1ªDiv: Instituto Rosalía - Básquet Coruña I · 23/01/2021 10:00 PIO XII || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - SIGALTEC · 23/01/2021 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Acad. A Mariña Burela INF.fem · 24/01/2021 12:30 Polideportivo Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: BAXI Ferrol - Básquet Coruña Leyma U12 · 23/01/2021 12:00 Pavillón Casa Do Deporte || Minibasquet Masc. 1ªDiv: REVI Obradoiro - Básquet Coruña U12 · 24/01/2021 10:00 Monte dos Postes

Primer equipo | 18/03/2016 17:21

Os laranxas buscarán vencer a unha Unión Financeira B. Oviedo que se lles resiste nas últimas tempadas

Los naranjas buscarán vencer a un Unión Financiera B. Oviedo que se les resiste en las últimas temporadas

O sentimento laranxa ten mañá unha cita das marcadas en vermello. Ás 18:30 horas en Riazor o Leyma Básquet Coruña atoparase na pista coa Unión Financeira Baloncesto Oviedo, un equipo fronte ao cal os de Tito Díaz levan varios anos sen coñecer a vitoria. Un aliciente engadido para os locais, que chegan en refacho con tres vitorias consecutivas e coa meta dos playoff para o ascenso á ACB como obxectivo prioritario e máis que factible.

Na súa análise do choque, o adestrador Tito Díaz recoñece que os asturianos non o porán fácil, máis aínda tendo en conta que chegan con dúas derrotas consecutivas fronte a Palencia e Melilla e que ao longo da tempada estiveron sempre na zona alta da táboa.

Na súa opinión, a ausencia este ano do alero Jordan Swing, un dos alicerces do equipo na pasada tempada, foi paradoxalmente positivo nos resultados da competición, facendo que despuntasen outros xogadores que ata entón non brillaran tanto.

O técnico subliña o poderoso xogo interior que desenvolven Kevin Van Wijk, Mario Cabanas ?ex do Leyma Básquet Coruña- , Daniel Trist, Fernando Fernández e Andrew Windler, á vez que na súa perigosa liña exterior deron un importante paso adiante xogadores como Víctor Pérez, Andrés Miso e Christopher Hearst, coas achegas de Diego Sánchez. Todo iso sen esquecer a calidade da base Ferran Bassas, que está promediando 13,4 puntos e máis de 7 asistencias.

Tito Díaz non esquece que no partido de ida o seu equipo perdeu en Pumarín por tan só 3 puntos e en boa medida a derrota tivo que ver coa tardanza dos laranxas en entrar no partido. Espera que esta vez a conexión sexa desde o primeiro momento, cun serio balance defensivo, control do rebote, xogo ordenado, e paciencia para atopar as oportunidades.

Non faltou a chamada á afección, coa seguridade de que mañá en Riazor verase ?o bo baloncesto que estamos a facer ambos os equipos na presente liga, por encima das expectativas?.







non á violencia de xénero
Xunta de Galicia


Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.obra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medasmacronabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterreGrupo Alumandos deportemarineda city